Ludvig Harboe
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2021.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de agosto de 1709 Broager, Dinamarca (en) |
Morte | 15 de xuño de 1783 (73 anos) Copenhague, Dinamarca |
Bispo | |
1757 – 1783 ← Peder Hersleb (en) – Nicolai Edinger Balle → Diocese: Diocese of Zealand (en) | |
Q115858797 | |
1743 – 1748 ← Eiler Hagerup the Older. (en) – Frederik Nannestad (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Luteranismo |
Educación | Universidade de Jena |
Actividade | |
Lugar de traballo | Copenhague |
Ocupación | sacerdote, teólogo, historiador |
Membro de | |
Familia | |
Parentes | Peder Hersleb, sogro |
Descrito pola fonte | Salmonsens Konversationsleksikon (en) |
Ludvig Harboe (16 de agosto de 1709 - 15 de xuño de 1783), foi un eclesiástico e historiador dinamarqués.
Biografía
[editar | editar a fonte]Cando fixo 18 anos anos, seus pais enviárono a estudar a un instituto de Hamburgo, posteriormente estudou nas universidades de Rostock, Wittenberg e Jena. En 1732 volveu a Dinamarca para completar os seus estudos de teoloxía en Broager e en 1735 estableceuse en Copenhaguen.
En 1738 escribiu conxuntamente con Jacob Langebek a Dänische Bibliotek oder Sammlung von alten und neuen gelehrten Sachen aus Dännemark. En 1738 foi nomeado capelán alemán da Igrexa Garnisons de Copenhaguen. Entre 1741 e 1745 foi visitador en Islandia da Generalkirkeinspektionskollegietpå coa misión de coñecer de primeira man as posibilidades de introducir alí a confirmación e o catecismo de Erik Pontoppidan, de carácter pietista.
Bispo
[editar | editar a fonte]En 1743, mentres aínda estaba en Islandia, recibiu o nomeamento como bispo de Trondheim, aínda que non se estableceu na diocese ata 1746. Nos dous anos que durou a súa pastoral procurou reformar a diocese nun senso pietista pero atopou a oposición de boa parte da poboación e o clero. En 1748 volveu a Dinamarca, casou con Frederikke Louise Hersleb, filla do bispo de Selandia Peder Hersleb do que Harboe era axudante e en 1757, á súa morte, converteuse no novo bispo.
En 1777 Harboe e Ove Høegh-Guldberg recibiron o encargo de redactar un novo libro de salmos, aprobado en 1778 que é único porque máis dunha terceira parte débese a unha muller, Birgitte Cathrine Boye.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ludvig Harboe |