"Love ~Destiny~" é o sétimo single da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki lanzado o 14 de abril do ano 1999 baixo o selo avex trax. Este single sería o primeiro da artista en chegar o primeiro lugar das listas de vendas de Oricon.
A canción que dá título o single foi encargada especialmente como tema para a serie dramática SemiDouble. Esta canción iría acompañada dunha cara B que levaría como nome "Love ~since1999~," e que é un dueto con Tsunku, , o vocalista da banda Sharan Q e produtor de Morning Musume. Sinalar tamén, que o single sería reeditado o 28 de febreiro de 2001 con tres novas cancións (todas elas remixes de cancións publicadas previamente).