Louis Michel van Loo
Nome orixinal | (fr) Louis-Michel van Loo |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de marzo de 1707 Toulon, Francia |
Morte | 20 de marzo de 1771 (64 anos) París, Francia |
Pintor de cámara | |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura e Retrato pictórico |
Lugar de traballo | París (1753–1769) España (1736–1753) París (1733–1736) Italia |
Ocupación | pintor, Retratista, director de escola |
Xénero artístico | Retrato |
Movemento | Clasicismo |
Profesores | Jean-Baptiste van Loo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Familia | Van Loo (en) |
Pai | Jean-Baptiste van Loo |
Irmáns | François van Loo Amédée van Loo |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | The Art of The Countries and Peoples of The World. Tome 5 (en) , (sec:Франция, p.194) |
Louis Michel van Loo, nado en Toulon o 2 de marzo de 1707 e finado en París o 20 de marzo de 1771, foi un pintor francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Membro da estirpe dos Van Loo, estabelecida en Francia desde o século XVII, Louis Michel van Loo educouse so a dirección de seu pai, o pintor Jean-Baptiste van Loo, en Turín e en Roma. Recibiu o premio da Academia Real de Pintura e de Escultura en 1725. Pasou unha estancia en Roma entre 1727 e 1732 con seu tío, o pintor Charles André van Loo (1705-1765).
En 1736, converteuse no pintor oficial da corte do rei Filipe V de España en Madrid. Figurou entre os membros fundadores da Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid en 1752.
Regresou a Francia en 1753 e pintou varios retratos do rei Lois XV. En 1765, sucedeu o seu tío Charles-André como director da “École royale des élèves protégés” (Escola real de alumnos protexidos).
Era irmán dos tamén pintores François van Loo e Charles Amédée Philippe van Loo.
Principais obras
[editar | editar a fonte]- Filipe V, rei de España, e a súa familia, 1745, Madrid, Museo do Prado.
- Filipe V, rei de España, e a súa familia, 1745, Museo nacional do Palacio de Versalles (esbozo).
- Filipe V, rei de España, 1745, Versalles, Museo nacional do Palacio de Versalles (réplica; outra réplica no Museo de Parma).
- Isabel Farnesio, raíña de España, 1745, Museo nacional do Palacio de Versalles.
- Marie Thérèse Antoinette Raphaelle d'Espagne, delfina de Francia, Museo nacional do Palacio de Versalles
- Pierre Carlet de Chamblain de Marivaux, 1753, París, Comédie-Française.
- Carle van Loo e a súa familia, 1757, París, École des arts décoratifs.
- Louis XV, rei de Francia e de Navarra, 1760, Museo nacional do Palacio de Versalles.
- Louis Michel van Loo e súa irmá ao lado do retrato do seu pai, 1762, Museo nacional do Palacio de Versalles.
- Louis Michel van Loo pintando o retrato de seu pai Jean-Baptiste van Loo, 1762, 1762, Museo nacional do Palacio de Versalles.
- Étienne-François, duque de Choiseul-Stainville, 1763, Museo nacional do Palacio de Versalles.
- Retrato de Carle van Loo, 1764, Museo nacional do Palacio de Versalles.
- O marqués de Pombal mostrando a reconstrución de Lisboa, 1766, Museo da Cidade de Lisboa.
- Retrato de Denis Diderot, 1767, París, Museo do Louvre.
- Germain Soufflot, 1767, París, Museo do Louvre.
- Laure de Fitz-James, princesa de Chimay, 1767, Museo nacional do Palacio de Versalles.
- Louis Phélypeaux, conde de Saint-Florentin, duque de La Vrillière, 1769, Museo nacional do Palacio de Versalles.
- Retrato de Jean Rodolphe Perronet, París, Museo do Louvre.
- O concerto español, 1768, San Petersburgo, Museo do Ermitage.
- Retrato do marqués de Marigny e a súa muller, 1769, París, Museo do Louvre.
- Louis-Auguste, duque de Berry, 1769, Museo nacional do Palacio de Versalles.
- Philippe de France, conde de Artois, 1770, Museo nacional do Palacio de Versalles.
- Luís XVIII (entón conde da Provenza), 1770, Museo de Épinal. Réplica de 1771 no Museo Nacional do Palacio de Versalles.
- Retrato do cabaleiro Jacques de Heusy, 1771, Fundación Rei Balduíno.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Louis Michel van Loo |