Lista de vías romanas
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2012.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O presente artigo amosa unha lista das principais vías romanas. Están clasificadas por rexións e ademais da denominación máis usual da vía, aparece unha indicación das principais cidades do percorrido coa denominación romana e a actual. Sempre que se puido, tamén aparece entre paréntese o ano da creación e o baixo que mandato se realizou.
Vías romanas de Italia
[editar | editar a fonte]Estradas principais
[editar | editar a fonte]- Via Aemilia: desde Rimini (Ariminum) a Piacenza
- Via Appia: a máis antiga da vías romanas (-312), desde Roma á Puglia (Apulia)
- Via Aurelia: (-241), levaba desde Roma á Galia transalpina.
- Via Cassia: desde Roma á Toscana.
- Via Flaminia: (-220), desde Roma a Rimini (Ariminum)
- Via Salaria: desde Roma ás Marcas, na costa do mar Adriático.
Vías romanas da Galia
[editar | editar a fonte]- Via Agrippa: (-118) desde Arles polo val do Ródano, por Orange e Valence cara Lión (Lugdunum) logo por Amiens cara Boulogne-sur-Mer, corresponde as actuais estradas RN 7 e RN 1.
- Via Aquitania: desde Narbona (ramal da Via Domitia) por Tolosa e Bordeos (Burdigala) cara a costa atlántica.
- Via Domitia: (-118 Gaio Domicio Ahenobarbo) prolonga a Via Augusta (procedente de Hispania) ao Col de Panissars, preto do actual Col du Perthus (Pireneos), por Narbona (Narbo) e Béziers cara Nîmes (Nemausus), por Pont du Gard, Beaucaire, Cavaillon, Apt, Sisteron, Gap, Embrun cara Briançon con empate cara o Col de Montgenèvre (Ver tamén : Via Fenollentis – Via Confluentana – Via Vallespiri).
- Via Iulia Augusta: (-13 Augusto) Prolongación da Via Aurelia e da Via Postumia desde Xénova por Vado Ligure (Vada Sabatia), ao longo da costa lígur por Albenga (Albigaunum) e Ventimiglia (Albintimilium), atravesa os Alpes marítimos cara o Oeste, en dirección a Arles (Arelate) e Tarascon (enlace con a Via Domitia).
Vías romanas de Córsega
[editar | editar a fonte]- Via Corsica: desde Mariana por Aleria, Praesidium, Portus Favonius cara Pallas (costa oriental da illa).
Vías romanas de Hispania
[editar | editar a fonte]- Via Augusta: (-8 Augusteo) prolonga a Vía Domitia en Hispania, desde o Col de Panissars (Pireneos), preto de La Jonquera, non lonxe do actual Col du Perthus, por Xirona, Barcelona, Tarragona, Valencia, Córdoba, Carmona, Sevilla ata Cádiz.
- Vía da Prata: (-139, Quintus Servilius Caepius), desde Sevilla por Mérida (Emerita), Cáceres, Salamanca, Léon ata Xixón (no mar Cantábrico) ou cara a Astorga (Astúrica). Un ramal é coñecido como Iter ab Emerita Asturicam ("Ruta de Emerita Augusta a Asturica Augusta").
- Viae Lusitanorum no Algarve: Baesuris, Balsa, Ossonoba (Faro), Milreu, Cerro da Vila, Lacobriga (Portugal).
- Vía XVI: desde Braga (Bracara Augusta), por Porto (Portum Cale), Coímbra (Aeminium) ata Lisboa (Olisipo).
- Vía XVII: desde Braga (Bracara Augusta) ata Astorga (Asturica Augusta) pasando por Chaves
- Vía Nova ou Via XVIII: desde Braga (Bracara Augusta) pola serra de Gerês, á Baños de Bande (Aquis Querquennis), Xinzo de Limia, Mendoia (Nemetobriga) ao Valdeorras (Forum Gigurrorum), de aí ao Bierzo (Bergidum) e desde aí subía o porto do Manzanal ata chegar a Astorga (Asturica Augusta).
- Vía XIX: desde Braga (Bracara Augusta) ata Astorga (Asturica Augusta) pasando por Lugo (Lucus Augusti).
- Vía XX: desde Braga (Bracara Augusta) ata Astorga (Asturica Augusta) subia pola costa (per loca maritima) ata Brigantium (A Coruña, Betanzos ou o campamento romano da Ciadella[1]) e logo baixaba a Lugo e anlazaba coa vía XIX ata Astorga.
- Vía XXII: desde Tarragona (Tarraco) - onde empataba coa Via Augusta -, cara Zaragoza (Caesaraugusta), Sasamón (Segisamo), León (Legio VII) ata Astorga (Asturica Augusta).
Vías romanas de Gran Bretaña (Britannia)
[editar | editar a fonte]- Akeman Street: Londres (Londinium) - St. Albans (Verulamium) - Alchester - Cirencester (Corinium)
- Ermine Street: Cirencester (Corinium) - Swindon (Durocornovium ?) - Silchester (Calleva Atrebatum)
- Fen Causeway: Denver a Peterborough - Water Newton (Durobrivae)
- Fosse Way: por Exeter (Isca Dumnonum) - Ilchester (Lindinis) - Bath (Aquae Sulis) - Cirencester (Corinium) - Leicester (Ratae)
- King Street: por Peterborough - Water Newton (Durobrivae) - South Kesteven, Lincolnshire
- London-West
- Peddars Way: ruta do Norfolk
- Stanegate: ao longo da muralla de Hadriano, desde Carlisle (Luguvallium) a Corbridge (Coria).
- Watling Street: por Dover (Dubris) - Canterbury (Durovernum) - Londres (Londinium) - St. Albans (Verulamium) - Lichfield (Letocetum) - Wroxeter (Virconium)
Vías romanas transalpinas
[editar | editar a fonte]Estas estradas unen Italia con Alemaña (Germania), Austria e a actual Eslovenia.
- Via Claudia Augusta: (15 Nero Claudius Drusus) desde Véneto por Verona, Bolzano (Pons Drusi), Merano (Statio Maiensis), polo Reschenpass, Finstermünz e o Fernpass por Füssen (Foetes) ata Augsburgo (Augusta Vindelicorum).
- Via Claudia Augusta Altinate: (47) desde Altino, no mar Adriático, por Feltre, o val de Valsugana, Trento e o porto do col do Brenner ata Innsbruck (e logo cara Donauwörth).
- Via Decia: (250, Decio) desde Zirl (Teriolis) preto de Innsbruck sobre o novo ramal da Via Claudia Altinate polo Zirler Berg, ao val Leutasch, por Lermoos, através do val do Lech ata o val de Tannheim, polo Oberjoch ata Bregenz (Brigantium).
- Via Gemina: desde Aquileia a Ljubljana (Aemona), en Eslovenia.
- Via Iulia Augusta: (II) desde Aquileia cara o Norte, por Zúglio (Iulium Carnicum) e o Plöckenpass ata Drautal, sepárase en Irschen (castrum Ursen) cara Aguntum (preto de Lienz/Tirol oriental), Innichen (Littamum) e Veldidena (Wilten/Innsbruck), ou ben por Teurnia (preto de Spittal sur la Drau) e Virunum (preto de Klagenfurt) ata Iuvavum (Salzburg).
- Via Mala: de Milano (Mediolanum) polo paso de San-Bernardino através do val de la Via-Mala cara Lindau, e despois ata Basel e Strasbourg (Argentoratum).
- Via Raetia: (arredor do ano 200, Septimio Severo) desde Verona por Bolzano, Vipiteno, o Brenner e Matreio cara Wilten, preto de Innsbruck (Veldidena) e cara Zirl (Teriolis) e Mittenwald (Scarbia), Partenkirchen (Parthanum), Coreliacus e Epfach (Avodiaco) ata Augsburgo (Augusta Vindelicorum).
Vías romanas en Xermania
[editar | editar a fonte]- Vía militar desde Augsburgo a Salzburg (hoxe denominada Via Julia)
- Via Decia desde Teriolis por Innsbruck ins Lechtal e polo val de Tannheimer ata subir ao Oberjoch e a través do val Konstanzer Tal ata Brigantium (Bregenz).
- Via Claudia Augusta desde a Italia Norte cara a Augsburgo.
- Via romana desde Italia polo paso de San Bernardino cara a Basel e Straßburg (Argentoratum), Speyer (Noviomagus) e Worms (Borbitomagus) cara Maguncia (Mogontiacum) e logo por Xanten (Vetera) ata o mar do Norte (Rheinuferstraße).
- Via romana desde Brigantium (Bregenz) ata Salzburg (Iuvavum) por Kempten (Cambodunum). Cruza en Abodiacum (Epfach, Alemaña) a Via Claudia Augusta.
- Ausoniusstraße desde Bingen a Tréveris (Augusta Treverorum); ostenta ese nome, modernamente, polo poeta romano Ausonio.
- Kinzigtalstraße de Offenburg a Tuttlingen:
- A Kinzigtalstraße era un pedazo da calzada militar romana desde Maguncia (Mogontiacum) por Straßburg (Argentoratum) ata Augsburgo (Augusta Vindelicorum).
- Calzada militar desde Maguncia (Mogontiacum) por Cannstatt ata Augsburgo (Augusta Vindelicorum).
- Calzada militar desde Maguncia (Mogontiacum) por Hofheim cara Frankfurt-Heddernheim (Nida) e de novo por Okarben cara Friedberg no Wetterau. A estrada foi unha vía de pereginación na Idade Media, para a Elisabethkirche en Marburg, desde aquí é denominada Elisabethenstraße.
- Saalburgstraße desde Frankfurt-Heddernheim (Nida) a Saalburg.
- Neckar-Alb, desde a asentamento lexionario de Vindonissa (Windisch bei Baden, Suíza) leva por Tenedo (Zurzach, Hochrhein), Rottweil (Arae Flaviae) e Rottenburg (Sumelocenna) e Köngen(Grinario), preto de Stuttgart.
- Estrada de Ladenburg a Osterburken.
- Via Belgica: desde Colonia a Amiens (Samarobriva), xa na Galia.
- Estrada desde Colonia a Tréveris (Augusta Treverorum).
Vías romanas cara Dalmacia e Grecia
[editar | editar a fonte]- Via Flavia: (78) desde Aquileia, Trieste e Pula, a través da península de Istria, por Rijeka, ata seguir a Dalmacia.
- Via Egnatia: (146, Gaius Egnatius) Prolongación da vía Appia cara Grecia, a partir de Durrës ata Constantinopla.
Vías romanas en Asia Menor e Próximo Oriente
[editar | editar a fonte]- Via Maris: trátase dunha estrada histórica litoral, con dirección Norte-Sur, que unía Europa e o Norte de África, diríxíase desde Grecia percorrendo a costa para continuar através de Asia Menor, por Beirut, no Líbano, ata Gaza, desde aí ata o Delta do Nilo e o que hoxe é O Cairo, xa en Exipto.
- Via Nova Traiana: (114 d.C.), na provincia de Arabia: ía de Bostra (en Arabia) a Siria e logo ata Aila, no golfo de Aqaba.