Saltar ao contido

Lionel Aingimea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLionel Aingimea

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(na) Lionel Rouwen Aingimea Editar o valor en Wikidata
2 de setembro de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Meneng, Nauru (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente de Nauru
27 de agosto de 2019 – 28 de setembro de 2022
← Baron WaqaRuss Kun →
Member of the Parliament of Nauru (en) Traducir
agosto de 2019 –

Circunscrición electoral: Meneng Constituency (en) Traducir

Actividade
OcupaciónActivista polos dereitos humanos, avogado Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade do Pacífico Sur Editar o valor en Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor en Wikidata

Lionel Rouwen Aingimea, nado o 2 de setembro de 1965, é un avogado e político nauruano. Desde 2019 até 2022 desempeñouse como presidente de Nauru.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aingimea estudou dereito en Australia e posteriormente traballou para a ONG Regional Rights Resource Team,[1] e como defensor público nas Illas Marshall.[2] Máis tarde traballou como profesor de dereito na Universidade do Pacífico Sur.[2]

Aingimea postulouse para as eleccións ao Parlamento pola circunscrición de Meneng en 2013, pero non foi elixido. Despois das eleccións, uniuse á nova administración do presidente Baron Waqa como Secretario de Xustiza.[1][2]

Despois de ser electo parlamentario por Meneng nas eleccións de 2016, foi nomeado Ministro Asistente de Xustiza e Control Fronteirizo no goberno de Waqa, servindo baixo o Ministro de Xustiza David Adeang.[1] Foi reelixido nas eleccións de 2019, nas que Waqa perdeu o seu escano. Despois das eleccións, foi elixido Presidente polo Parlamento de Nauru, derrotando a Adeang por doce votos contra seis.[3]