Saltar ao contido

Lingua cocama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cocama
Outros nomes:Kokáma
Falado en: O Brasil, Colombia e o Perú
Total de falantes: 250 no Perú (2007)[1]
Familia: Americana
 Tupí
  Tupí-guaraní
   Cocama–omagua[2]
    Cocama
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: cod
Mapa
Status

O cocama está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]

A lingua cocama (ou kokáma) é unha lingua indíxena da familia tupí-guaraní falada en Colombia, Venezuela, o Perú e o Brasil.

Os falantes de cocama teñen unha taxa de alfabetización do 3% na súa propia lingua, comparado co 50% de alfabetización en lingua castelá. As regras gramaticais foron desenvolvidas usando o alfabeto latino. Algunhas partes da Biblia foron traducidas a esta lingua.

O cocama está estreitamente relacionado coa lingua omagua, unha lingua seriamente ameazada falada no Perú e no Brasil.

  1. Ethnologue (ed.). "Cocama en Ethnologue (18th ed., 2015)". Consultado o 22 de abril de 2017. 
  2. Cabral (2012) suxire que kokama/omagua é unha lingua mixta, e polo tanto non directamente clasificable, aínda que a maioría do seu vocabulario é tupí-guaraní.
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Vallejos Yopán, Rosa (2010). A grammar of Kokama-Kokamilla. University of Oregon. hdl:1794/11051.