Saltar ao contido

Lillian Asplund

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLillian Asplund
Biografía
Nacemento(en) Lillian Gertrud Asplund Editar o valor en Wikidata
21 de outubro de 1906 Editar o valor en Wikidata
Worcester, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte6 de maio de 2006 Editar o valor en Wikidata (99 anos)
Shrewsbury, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsecretario Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
10 de abril de 1912-15 de abril de 1912viaxe de inauguración do RMS Titanic Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Asplund-43 Find a Grave: 14296145 Editar o valor en Wikidata

Lillian Gertrud Asplund, nada en Worcester (Massachusetts) o 21 de outubro de 1906 e finada en Shrewsbury (Massachusetts) o 6 de maio de 2006,[1][2] foi unha das 3 últimas superviventes do barco RMS Titanic.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Lillian era a última sobrevivente con vida que recordaba o que aconteceu aquela fría noite de 1912 cando o Titanic se afundiu no medio do océano Atlántico, xa que ela tiña 6 anos cando sucedeu aquilo. As outras dúas sobreviventes do afundimento tan só tiñan uns meses, así que non recordan nada da traxedia.

A súa familia estivera a visitar a súa avoa en Suecia antes de embarcar no RMS Titanic para volver á súa casa. Lillian tiña 6 anos por aquel entón, e dous irmáns máis vellos: Óscar (nacido en 1898) e Hugo (nacido en 1902). Tamén tiña un irmán máis novo, Felix (nacido en 1909).

Asplund calou sobre as súas memorias do Titanic, compartindo a pena da súa nai sobre a traxedia e firmemente evitando calquera forma de atención de medios de comunicación. Nunha entrevista en 1989 Lillian Asplund describiu como ela, a súa nai e o irmán subiron ao bote salvavidas número 15 por unha ventá. Lillian contou que recordaba aos seus irmáns máis vellos e ao seu pai despedirse da súa nai, dela e do seu irmán máis novo Félix. Os seus irmáns máis vellos e o seu pai morreron afogados na traxedia, mentres que Lillian, o seu irmán e a súa nai lograron salvarse.

Lillian Asplund traballou en empregos de secretaria na área Worcester, e retirouse para coidar da súa nai, que ao parecer nunca conseguiu superar a traxedia e a morte do seu marido e fillos. A nai de Lillian faleceu no ano 1964. O irmán máis novo de Lillian morreu en 1983, á idade de 74 anos.

Finalmente, Lillian Asplund morreu na súa casa en Shrewsbury (Massachusetts) á idade de 99 anos no ano 2006. Foi enterrada no Cemiterio de Fe en Worcester, onde o corpo do seu pai fora enterrado en 1912.

  1. Bárbara Celis (12 de maio de 2006). "Necrológica: Lillian Gertrud Asplund, superviviente del 'Titanic'". El País (en castelán). 
  2. "Falleció la última sobreviviente estadounidense del Titanic". El Territorio (en castelán). 8 de maio de 2006.