O Liga Deportiva Universitaria é un club de fútbolecuatoriano da cidade de Quito. Fundouse o 11 de xaneiro de 1930 e actualmente compite na Serie A de Ecuador. Mantén unha rivalidade forte co SD Aucas, co cal disputa o chamado Superclásico de Quito. Trátase do único equipo de Ecuador que ten no seu palmarés tódolos títulos continentais de Suramérica, acadados recentemente, o cal fai que este equipo ocupe actualmente a 1ª posición na clasificación de clubs da Conmebol.[1]
O LDU Quito xoga os seus encontros como local no estadio coñecido como Casa Blanca, da súa propiedade, construído en 1997, e cunha capacidade para mais de 41.596 seareiros. Trátase do estadio mais grande da capital de Ecuador, Quito, e o segundo mais grande do país.