Lescar
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Aquitania-Lemosín-Poitou-Charentes | ||||
Departamento | Pireneos Atlánticos | ||||
Distritos | arrondissement of Pau (en) | ||||
Cantón | canton of Lescar (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.524 (2021) (359,4 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921674 Pau urban unit (en) | ||||
Superficie | 26,5 km² | ||||
Bañado por | Gave de Pau (en) | ||||
Altitude | 154 m-142 m-203 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 64230 | ||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | lescar.fr | ||||
Lescar é un concello francés de 10.342 habitantes (2006), situado no departamento dos Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania. É unha das etapas na Vía Tolosana, ramal do Camiño de Santiago. Os seus habitantes, en francés reciben o xentilicio de lescariens.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A localidade de Lescar áchase sita a unha altura media de 154 m.s.n.m. As terras do municipio están bañadas polo ríos Ousse des Bois, o Lescourre e máis o Laou, todos eles afluentes do Gave de Pau, e tamén polo Uzan, tributario do Luy de Béarn. O Gave de Pau limita o concello polo sur.
Concellos limítrofes
[editar | editar a fonte]- Uzein, Serres-Castet e Sauvagnon polo norte,
- Poey-de-Lescar polo oeste,
- Artiguelouve e Laroin polo sur,
- Lons polo leste.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Lescar vén sendo correntemente identificada coa antiga Beneharnum[1], capital dos Beneharneses, pobo aquitano que legou o seu nome ao Bearn. En 980, reaparece so o nome de Lascurris[2], logo como Laschurris (1128), Laschar (S. XII), Lascaa (S.XIII, for de Béarn), Lascurrensis (1313), Lesca / Lasca en 1538[3]…
O topónimo non é un « erro », senón que provén dun antigo Laskʰur, no que os lingüistas recoñecen o vasco lats 'regato' (cf. Lescun) e máis o adxectivo gur, gorri 'vermello' (cf. Baïgorry, Calagurris…). É tentador ligar este nome ao do regato Lescourre, que pode tamén ser analizado como le (artigo) + Escourre, « a canle », un tipo de hidrónimo frecuente na Aquitania.
Historia
[editar | editar a fonte]Ao pé do outeiro onde se espala a actual vila de Lescar atopábase noutro tempo unha cidadela ou castro (oppidum) denominado Beneharnum. Cidadela con campos atrincherados durante a ocupación romana da Aquitania desde 56 a.C. até o ano 419 da nosa era. Logrou o rango de cidade romana desde o século III. Beneharnum foi arrasada arredor de 841 polos viquingos, sendo substituída por Morlaàs como metrópole bearnesa. Unha nova vila, Lescar, se desenvolveu sobre o outeiro a partir do século XII. O seu bispo preside os Estados de Bearn e os reis de Navarra da casa de Albret ou Albrit, escollen a súa catedral como acubillo da súa sepultura.
En 1801 foi suprimida a diocese de Lescar, que foi anexada a Baiona.
Actualmente a vila, de estreitas rúas, converteuse nunha cidade dormitorio de Pau.
Administración: Consello municipal
[editar | editar a fonte]O concello de Lescar está constituído de 8 adxuntos e 20 conselleiros municipais.
Intermunicipalidade
[editar | editar a fonte]A vila de Lescar forma parte da Communauté d'agglomération de Pau-Pyrénées que agrupa 14 concellos da aglomeración urbana en torno a Pau.
Cultura e patrimonio
[editar | editar a fonte]Patrimonio relixioso
[editar | editar a fonte]A catedral de Lescar foi comezada en 1120 a instancias do seu bispo Guy de Lons. Foi saqueada polos protestantes durante o reinado de Jeanne d'Albret. Importantes restauracións efectuadas nos séculos XVII e XVIII salvaron o coro da ruína. O presbiterio conservou o estilo románico. A nave presenta bóveda de berce. Nos capiteis románicos pódense recoñecer escenas do ciclo de Daniel, do necemento de Cristo ou tamén do sacrificio de Abraham. O chan do coro está laxado cun mosaico do século XII, que representa unha escena de caza.
Henrique II de Albret, Catarina de Foix, Margarida de Angoulême, François Phébus están sepultados aquí.
Festas
[editar | editar a fonte]- Festival de teatro afeccionado (théatre amateur) en maio.
- «Huec de la Sent Jan» ou «Lume de San Xoán» (festa tradicional bearnesa), a finais de xuño.
- Carreira multideportiva por equipos «Faites du Sport à Lescar», a fins de xuño tamén.
- Festival de Artes Plásticas «Art en balade», a mediados de xullo.
- Festas patronais de San Xulián, a fins de agosto.
- Sons e luces «Les Mystères de la Cité», a mediados de setembro.
- Festival musical «Voix plurielles», a inicios de outubro.
Comunicacións
[editar | editar a fonte]Lescar está servida pola STAP, coas liñas de autobuses 2, 8, 9 e Ovaligne.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Itinerario de Antonino
- ↑ Cartulaire de Lescar
- ↑ réform. de Béarn, B. 844 et 847
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lescar |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- (en francés) Sitio oficial
- (en francés) Fotos da catedral