Leiva (cantante)
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de abril de 1980 (44 anos) Madrid, España |
Outros nomes | Leiva |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositor de cancións |
Período de actividade | 1994 - |
Xénero artístico | Música rock |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Parella | sen valor |
Premios | |
| |
Sitio web | leivaweb.es |
José Miguel Conejo Torres, nado en Madrid, o 30 de abril de 1980, máis coñecido como Leiva, é un músico e cantautor español de pop rock. Entre 2001 e 2011 formou parte xunto a Rubén Pozo da banda de pop rock Pereza, coa que gravou 6 discos. Tras a disolución do grupo, iniciou unha carreira en solitario na que leva 4 discos gravados.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Vallecas e criouse no barrio da Alameda de Osuna, no nordés de Madrid, onde estudou no Colexio Público Vila de Madrid.
A súa gran afección ao fútbol unida ao seu gran parecido cando era pequeno co futbolista brasileiro Leivinha, xogador do Atlético de Madrid, equipo do que é recoñecido seguidor, valéronlle o alcume de Leiva, que utilizaría máis tarde como nome artístico.
É irmán do tamén músico Juancho, cantante da banda Sidecars, da cal Leiva produciu dous discos.[1]
Con Pereza
[editar | editar a fonte]Os seus inicios no mundo da música producíronse en Olías (Toledo), o pobo do seu pai tocando para as festas no verán.1994. Logo comezou a formar parte da banda Malahierba, na cal tocaba a batería. En 1998 formou unha banda xunto con Rubén Pozo e o batería Tuli coa intención de facer versións do grupo Leño, e que posteriormente evolucionaría e converteríase na banda Pereza, cuxo primeiro disco, Pereza, foi publicado en 2001, aínda que sen moito éxito.
A partir do segundo disco, Algo para cantar (2003), a formación do grupo redúcese a dous, Leiva e Rubén, e é a partir de aquí e sobre todo co seguinte disco, Animais (2005), cando acada notoriedade. Despois destes discos publicarían tres máis: Os amigos dos animais (2006), Aproximaciones (2007) e Aviones (2009).
Cabe destacar que, o seu éxito traspasa fronteiras, especialmente na Arxentina, onde fixeron varios concertos, e cuxo broche de ouro podería situarse na actuación que Pereza ofrece xunto a Joaquín Sabina no Estadio A Bombonera de Bos Aires.
Finalmente, en setembro de 2011, a banda emite un comunicado onde expresa que decide separarse e seguir as súas carreiras por diferentes camiños. A súa última actuación xuntos como banda tivo lugar en xuño de 2012 no Palacio de Vistalegre.
En solitario
[editar | editar a fonte]En 2010 realiza a banda sonora da película de Achero Mañas, Todo lo que tu quieras.[2]
O primeiro disco de Leiva en solitario foi Diciembre publicado en 2012, o cal recibiu críticas positivas e recoñecementos como o Premio Rolling Stone ao mellor disco do ano ou dous nomeamentos aos Grammy Latinos.[3][4]
Cabe destacar que durante a súa traxectoria fóra de Pereza, Leiva non actúa só. Rodeado de antigos membros da súa anterior banda e outros que se incorporaron ao proxecto,formarase a Leiband, grupo de músicos que o acompañarán nas xiras e nos seus seguintes traballos.
En xaneiro de 2014 saía á luz o seu segundo álbum en solitario, titulado Pólvora, unha coprodución co músico español Carlos Raya e Joe Blaney como encargado de son. Leiva recibe o disco de ouro con "Pólvora" e "Diciembre" despois dun mes de lanzar o disco e tras permanecer durante 2 semanas no número 1 de álbums máis vendidos de España.[5]
En xuño de 2014, a banda británica The Rolling Stones, chama a Leiva e a Leiband para a apertura do seu concerto no Estadio Santiago Bernabéu de Madrid.[6]
En agosto de 2016, Leiva lanza o seu terceiro disco en solitario, Monstruos, producido por Carlos Raya[7] e co enxeñeiro de son Joe Blaney. O disco convértese en disco de ouro en 2017. Ademais, varios temas deste traballo, logran a primeira posición das listas das emisoras musicais españolas máis importantes.[8]
Nese mesmo ano, marcado por unha exitosa xira por España e Suramérica, produce o disco de Abel Pintos,11, ademais do de Joaquín Sabina, Lo niego todo. Ámbolos dous traballos serán éxitos, sendo positiva a crítica e a resposta do público.[9]
Para culminar un gran 2017, compón a banda sonora da película La llamada.[10][11] A canción principal, que comparte nome coa obra de Javier Ambrossi e Javier Calvo, é nomeada a diversos premios como os X Premios Gaudí ou os XXXII Premios Goya, sendo galardoado con este último a Mellor canción orixinal.[12] Máis tarde, a canción foi certificada como Disco de Platino tras vender máis de 40 000 copias.
En decembro de 2018 e xaneiro e febreiro de 2019, o cantante estrea catro sinxelos pertencentes a devandito álbum No te preocupes por mi, Nuclear, Lobos e En el espacio; posto en venda o 22 de marzo.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Desde sempre mantivo perfil baixo en canto á súa vida privada. Foi parella da cantaora Alba Molina, e da actriz Michelle Jenner[13],e agora é parella da tamén actriz Macarena García.[14]
Discografía
[editar | editar a fonte]Con Pereza
[editar | editar a fonte]- 2001: Pereza (único álbum do trío Rubén, Leiva e Tuli)
En solitario
[editar | editar a fonte]Singles
[editar | editar a fonte]- 2012: Nunca nadie
- 2012: Eme
- 2014: Fuera de la ciudad
- 2014: Terriblemente cruel
- 2015: Sixteen (con Carlos Tarque e Fito)
- 2016: Sincericidio
- 2017: La llamada
- 2018: No te preocupes por mi
- 2019: Nuclear
- 2019: Lobos
- 2019: En el espacio
Como produtor
[editar | editar a fonte]- 2008: Sidecars. - Sidecars
- 2010: Cremalleras -Sidecars
- 2016: 11- Abel Pintos
- 2017: Lo niego todo- Joaquín Sabina
Premios
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Película | Canción | Resultado |
---|---|---|---|---|
2018 | Mellor canción orixinal | La llamada | «La Llamada» | Gañador |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "SIDECARS: EL HERMANO DE LEIVA". bilbaoenvivo.wordpress.com (en castelán). 13-5-2014. Consultado o 9-6-2019.
- ↑ "Todo lo que tú quieras- Premios Goya". premiosgoya.com (en castelán). Consultado o 9-6-2019.
- ↑ Alonso, Cristina (19-3-2015). "Leiva-Diciembre". elquintobeatle.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15-07-2019. Consultado o 9-6-2019.
- ↑ "Leiva publica su álbum “Diciembre” en Argentina y lo presentará con una gira de cinco conciertos". sonymusic.es (en castelán). Consultado o 9-6-2019.
- ↑ Arenas, Paula (28-1-2014). "Leiva: "Hay que hacer discos buenos enteros; ya no vale con un par de canciones buenas"". 20minutos.e (en castelán). Consultado o 9-6-2019.
- ↑ "Leiva será el telonero de los Rolling Stones en Madrid". elmundo.e. 23-6-2014. Consultado o 9-6-2019.
- ↑ "Leiva empieza a grabar su tercer disco en solitario". 20minutos.es (en castelán). 4-2-2016. Consultado o 9-6-2019.
- ↑ Guerra, Sandra S. (29-08-2016). "Los cinco 'monstruos' de Leiva". elmundo.es (en castelán). Consultado o 9-6-2019.
- ↑ "El músico detrás de Sabina y Abel Pintos". ambito.com (en castelán). 7-6-2017. Consultado o 9-6-2019.
- ↑ "La llamada". filmaffinity.com (en castelán). Consultado o 9-6-2019.
- ↑ "Leiva estrena la banda sonora original de la película "La Llamada"". pop100.es (en castelán). 29-9-2017. Consultado o 9-6-2019.
- ↑ "'La llamada', de Leiva, Mejor Canción Original en los Premios Goya 2018". lavanguardia.com (en castelán). 4-2-2018. Consultado o 9-6-2019.
- ↑ Vaquero Hernández, Sara (29-3-2012). "Michelle Jenner y Leiva: Fin de su relación [FOTOS]". ellahoy.es (en castelán). Consultado o 9-6-2019.
- ↑ "Las fotos que confirman la reconciliación de Leiva y Macarena García". elpais.com (en castelán). 17-1-2018. Consultado o 9-6-2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leiva |