León o Africano
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ar) حسن ابن محمد الوزان الغرناطي c. 1494 Granada, España |
Morte | 1527 ↔ 1555 Tunisia |
Relixión | Islam e catolicismo |
Educación | Universidade Al Quaraouiyine (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | África Roma |
Ocupación | explorador, diplomático, xeógrafo, escritor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | The Oxford Encyclopedia of African Thought (2010 edition) (en) , (sec:Africanus, Leo) Dictionary of African Biography, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
al-Hasan ibn Muhammad al-Wazzan al-Fasi, (en árabe: حسن ابن محمد الوزان الفاسي), nado no Reino de Granada arredor do 1494 e finado na segunda parte do século XVI, posibelmente despois de 1554, tamén chamado Hassan al-Wazzan, Giovanni Leone di Medici e León o Africano (Leo Africanus) foi un diplomático, xeógrafo e explorador mourisco, coñecido pola súa obra Descrittione dell’Africa (Descrición de África).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no Reino de Granada cara a 1494, logo do reino nazarí incorporarse á Coroa de Castela, porén cando era neno trasladouse a Fez.[1][2][3] Estudou na universidade en Fez e aos vinte anos foi enviado por Mohammed o Portugués acompañando ao seu tío en misión diplomática, exercendo máis tarde el mesmo como diplomático até que en 1518 foi capturado por piratas cristiáns,[4] de onde foi levado a Roma, sendo alí ofrecido como agasallo ao Papa León X. Adoptou o nome de Joannes Leo de Medicis (en latín)
Foi durante a súa estadía en Italia cando escribiu boa parte da súa obra, entre elas a súa obra máis famosa "Della descrittione dell'Africa", (título completo "Della descrittione dell'Africa et delle cose notabili cheiui sono, per Giovan Lioni Africano"; en galego, Descrición de África e as cousas notables que alí existen).
Na ficción
[editar | editar a fonte]Literatura
[editar | editar a fonte]A novela Léon l'Africain,[5] escrita polo novelista franco-libanés Amin Maalouf e publicada en 1986, relata a vida do explorador en forma de autobiografía imaxinaria desde 1518, ao regresar dunha peregrinación á Meca, cando é capturado por piratas que o levan ao Papa León X. A súa vida a partir de entón está chea de aventuras e peripecias, marcadas por algúns dos acontecementos máis importantes do Mediterráneo do século XVI.[6] Leão o africano foi publicado en portugués pola Editora Quetzal.[7]
Suxeriuse que William Shakespeare puido inspirarse na Descrición de África de León Africano para crear o personaxe de Otelo.[8]
Audiovisuais
[editar | editar a fonte]A BBC produciu un documental sobre a súa vida chamado "Leo Africanus: A Man Between Worlds" en 2011. Foi presentado por Badr Sayegh e dirixido por Jeremy Jeffs. A película seguiu os pasos de León desde Granada, pasando por Fez e Tombuctú, até Roma.[9]
Un proxecto cinematográfico sobre a vida de Léon o africano, con Jamel Debbouze no papel principal, foi presentado en 2015.[10]
Teatro
[editar | editar a fonte]O drama titulado Tous des Oiseaux, escrito e dirixido por Wajdi Mouawad, está inspirado na novela do escritor Amin Maalouf sobre León o Africano. Esta obra teatral foi representada no Théâtre national de la Colline de París en 2017.[11]
Obras
[editar | editar a fonte]A descrición en tres volumes da Descrición de África (en inglés) en liña:
- http://www.archive.org/details/worksissuedbyha01unkngoog
- http://www.archive.org/details/historyanddescr01unkngoog
- http://www.archive.org/details/historyanddescr02porygoog
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rauchenberger 1999, p. 26
- ↑ Masonen 2001
- ↑ Leo Africanus 1896, p. v Vol. 1. Tinha 12 anos quando Portugal conquistou a cidade e 16 anos quando visitou Tombuctu.
- ↑ "Leo Africanus". Washington State University. Consultado o 30-1-2022.
- ↑ "LEON EL AFRICANO AMIN MAALOUF PDF". PDF Lake Side (en inglés). 2020-04-20. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-01-31.
- ↑ Lanfry 1988.
- ↑ Leão, o Africano, Amin Maalouf - Quetzal Editores.
- ↑ Whitney 1922.
- ↑ "Leo Africanus; A Man Between Worlds - BBC". Consultado o 2022-01-31.
- ↑ AlloCine. "Léon l'Africain" (en francés). Consultado o 2022-11-22.
- ↑ Sitio Froggydelight, páxina en a obra Tous des Oiseaux, consultada o 11 de decembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: León o Africano |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fisher, Humphrey J. (1978). Leo Africanus and the Songhay conquest of Hausaland. International Journal of African Historical Studies (Boston University African Studies Center) 11 (1): 86–112.
- Masonen, Pekka (2001). Leo Africanus: the man with many names. Al-Andalus Magreb 8-9: 115–144.
- Rauchenberger, Dietrich. Johannes Leo der Afrikaner: seine Beschreibung des Raumes zwischen Nil und Niger nach dem Urtext. Wiesbaden: Harrassowitz, 1999. ISBN 3447041722.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- http://www.said-hajji.com/en/book-leo.html (en inglés)
- http://www.leoafricanus.com (en inglés)
- Radio Pontevedra Viva. Entrevista a Amin Malouf, autor de Leo Africanus, por Javier Gallego. (Carne Cruda (11feb2021) (en castelán)
- ¿Quién era León el Africano? El granadino que vivió entre dos mundos (elretohistorico.com) (en castelán)