Saltar ao contido

Lawrence Lessig

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLawrence Lessig

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xuño de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Rapid City, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónYale Law School (pt) Traducir - Juris Doctor (–1989)
Universidade de Cambridge
Wharton School (pt) Traducir
Trinity College
Loyalsock Township High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereito Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxurista, informático teórico, político, catedrático, escritor de non ficción, activista político, avogado, mestre Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Universidade de Chicago
Universidade Stanford Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Dictionary of Common Goods (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio weblessig.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2163781 Twitter: lessig TED: larry_lessig BNE: XX1535104 Spotify: 7asOm6ZhWN9WIZNrAfVjeC iTunes: 309320454 Musicbrainz: 7150174a-c412-4599-b46c-8dac20cf0232 Discogs: 438331 Deezer: 7035541 Editar o valor en Wikidata


Lawrence Lessig, nado o 3 de xuño de 1961 no estado do Dakota do Sur, é un xurista norteamericano de notoriedade internacional.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Pensilvania, no Trinity College (Cambridge) e na Universidade Yale. Foi profesor de Dereito en Harvard e na Universidade de Chicago.

Está considerado liberal progresista, se ben no seu momento foi asistente dos xuíces Richard Posner e Antonin Scalia, considerados conservadores.

En 2002 Lessig obtivo o FSF Award for the Advancement of Free Software da Free Software Foundation (FSF). O 28 de marzo de 2004 foi elixido para integrar a Xunta Directiva da FSF[1].

O concepto de "cultura libre" propúxoo no seu libro en su libro homónimo (Cultura libre). É un activo promotor do software libre e o espectro aberto[2].

Especialista de dereito político e de dereito da propiedade intelectual, é un importante defensor da liberdade sobre Internet e oponse a unha interpretación extensiva do dereito de autor que prexudica o potencial de creación e aos intercambios en liña. É unha das voces máis escoitadas nos debates sobre os límites do dereito de autor e sobre o desenvolvemento mundial de Internet.

Actualmente é profesor de dereito (C. Wendell and Edith M. Carlsmith Professor of Law) na Stanford Law School (Universidade Stanford, California) onde fundou o Center for Internet and Society. É o actual presidente de Creative Commons (2010), membro do Consello da Electronic Frontier Foundation e membro da Xunta Directiva do Software Freedom Law Center, creado en febreiro de 2005.

No 2015 anuncia a súa candidatura á presidencia dos USA polo Partido Demócrata tendo como obxectivo aprobar unha única lei, a Citizens Equality Act, tras o que dimitiría deixando a presidencia ó Vicepresidente que forme equipo con el.

  1. Leadership of FSF (en inglés).
  2. "Spectrum Policy: Property or Commons? Arquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine.", artigo de Thomas Hazlett e Lawrence Lessig, 1 de marzo de 2003 (en inglés).
  3. Todas as obras da listaxe están baixos licenza CC e poden ser descargas da rede.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]