Saltar ao contido

Laura Mintegi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLaura Mintegi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(eu) Laura Mintegi Lakarra Editar o valor en Wikidata
26 de outubro de 1955 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Lizarra, España Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento do País Vasco
20 de novembro de 2012 – 31 de agosto de 2014
Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
20 de novembro de 2012 – 31 de agosto de 2014 – Iker Casanova Alonso (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Biscaia
Q89278619 Traducir Parlamento Vasco
21 de xaneiro de 2012 – xullo de 2014 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade do País Vasco Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, profesora universitaria, política Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade do País Vasco Editar o valor en Wikidata
Partido políticoHerri Batasuna
Euskal Herria Bildu Editar o valor en Wikidata
Membro de

Twitter: lauramintegi Inguma: laura-mintegi-lakarra Literaturaren Zubitegia: 102 BNE: XX1069480 Editar o valor en Wikidata

Laura Mintegi Lakarra, nada en Lizarra (Navarra) o 26 de outubro de 1955, é unha escritora, profesora e política vasca. No ano 2012 foi candidata a lehendakari pola formación política Euskal Herria Bildu.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aínda que navarra de nacemento, dende nena vive en Biscaia, os primeiros anos en Bilbao e ultimamente en Algorta (Getxo).

É licenciada en Historia e doutora en Psicoloxía. Dende 1981 é profesora do Departamento de Lingua e Didáctica da Literatura da Universidade do País Vasco. Foi directora de Departamento dende o ano 1999 ao 2006 e, de novo, dende o 2010 até hoxe. Ademais é presidenta do PEN Club. Euskaltzaindia (a Academia da Lingua Vasca) nomeouna membro correspondente no ano 2006.

Atinxiu algúns premios literarios entre eles o Azkue de Novela, o da Cidade de Donostia e o Jon Mirande. Así mesmo foi membro do xurado doutros premios como o Certame de Narrativa María Maeztu, da Beka Joseba Jaka, do de Xornalismo Rikardo Arregi, do Anton Abaddia e do de Dereitos Humanos René Cassin. Colaboradora habitual quer nos medios audiovisuais (ETB, Hamaika Telebista, Bizkaia Irratia, Egin Irratia, Bilbo Hiria Irratia e Euskadi Irratia) quer nos escritos (Anaitasuna, Argia, Susa, Ttu-ttuá. Egin, Egunkaria, Gara, Berria, Jakin, Hegats e outros).

Traballos

[editar | editar a fonte]

Na base de dados da comunidade científica vasca Inguma, aparecen mais de 40 traballos escritos por Laura Mintegi.[1]

Narración

[editar | editar a fonte]
  • Ilusioren ordaina ("O prezo da ilusión"), 1983, Erein
  • Bai… baina ez ("Si... pero non"), 1986, Susa. Reeditada en Elkarlanean, 1999.
  • Legez kanpo ("Fóra da lei"), (1991, Elkar)
  • Nerea eta biok ("Nerea e mais eu"), (1994, Txalaparta); traducido ao inglés.
  • Sisifo maite minez ("Sísifo namorado"), (2001, Txalaparta); traducido ao castelán e holandés.
  • Ecce homo (2006, Txalaparta); traducido ao castelán e alemán, e aparecido en alfabeto braille.
  • Sujektibitatea euskal nobelagintzan: Stephen Crane-ren "The Red Badge of Courage" (A Subxectividade na novela vasca: "O vermello emblema da coraxe" de Stephen Crane) (1999, EHU - Universidade do País Vasco)

Biografía

[editar | editar a fonte]
  • Julene Azpeitia (1988, Eusko Jaurlaritza- Goberno Vasco)

Obra traducida

[editar | editar a fonte]
  • "La topera" en Antologia de la Narrativa Vasca Actual (1986, Edicions del Mall) (en castelán).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]