Las Provincias
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Las Provincias | |
---|---|
Tipo | Información xeral |
Fundación | 1866 |
Propietario | Federico Doménech, S.A. |
Director | Julián Quirós |
Editorial | Vocento |
Tendencia | Conservadorismo, rexionalismo |
Lingua | Castelán |
Localidade | Valencia |
Ámbito | Comunidade Valenciana |
Periodicidade | Diaria |
ISSN | 1578-7834 |
Na rede | |
http://www.lasprovincias.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Las Provincias é un xornal da Comunidade Valenciana fundado o 31 de xaneiro de 1866.[1] É de tendencia conservadora, rexionalista e de reformismo moderado. Dende a Transición, a súa liña editorial é anticatalanista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fundado en 1866, despois de que La Opinión fora mercada polo impresor Federico Doménech e polo xornalista e director deste, Teodoro Llorente, ao seu dono, o banqueiro e político José Campo Pérez, Marqués de Campo, quen puxo como condición para a súa venda a mudanza do seu nome.
O primeiro número de Las Provincias contiña o ideario fundacional da nova publicación, o chamado Manifesto fundacional. Dende o seu primeiro número, o diario caracterizouse pola defensa dos intereses valencianos. O réxime franquista forzou a destitución do seu director, Martín Domínguez Barberá, debido ás críticas que fixo á pésima xestión da gran riada que asolou a cidade en 1957. Ao longo dos seus 150 anos de historia, a cabeceira tivo un papel moi activo en momentos clave para a cidade do Turia, desde a defensa para que o leito do río fose un espazo de uso polos cidadáns, pasando pola preservación do parque natural do Saler fronte ao desenvolvemento franquista, a anteriormente citada reclamación polos danos da riada ou a recuperación dos terreos da Albufeira.
Las Provincias forma parte do grupo Vocento desde o ano 2000. Na actualidade, Vocento posúe a maioría das accións da empresa editora do xornal, Federico Domenech S.A.
En 1921 adquiriu unha nova máquina rotativa que lle permitiu sacar á rúa diariamente oito páxinas. Cinco anos despois converteuse no pioneiro dos cómics valencianos ao publicar un suplemento infantil de título idéntico ao que entón editaba ABC: Gente Menuda.[2]
En 1931 chegou o gravado en oco: as páxinas partíronse pola metade, adoptándose o formato actual do diario.
Entre 1936 e 1941 viviu a súa etapa máis delicada: durante a Guerra civil española foi incautado polas milicias anarquistas para imprimir o seu órgao oficial Fragua Social, e perdeu o contacto cos seus lectores durante un período de case tres anos.
A riada de outubro de 1957 afectou seriamente ás instalacións da alameda e perdéronse miles de documentos e fotografías.
Medios pertencentes a Las Provincias Grupo Multimedia
[editar | editar a fonte]- Las Provincias: Actualmente é o segundo diario da provincia de Valencia por difusión e tirada, segundo datos de OJD e o Estudo Xeral de Medios (EGM). Ademais da edición de Valencia, publica edicións para Alacante e Castelló, e na provincia de Valencia, para as comarcas da Ribeira (xunto á Costeira, a Canle de Navarrés e a Vall d'Albaida) e a Safor, ademais dunha edición propia para as comarcas da Mariña (Alacante). O seu director é Julián Quirós.
- lasprovincias.es: Xornal dixital, que inclúe a versión en liña do xornal, así como as últimas noticias.
Medios que pertenceron ao grupo e deixaron de publicarse
[editar | editar a fonte]- Las Provincias Punto Radio (LP Punto Radio): Emisora de radio que emitía programación xeneralista de ámbito local, integrándose na programación nacional de Punto Radio cando esta emisora se creou. Coa venda e peche de Punto Radio a nivel nacional, deixou de emitir. Entre a súa programación destacaban espazos de emisión nacional como Protagonistas, con Luis del Olmo e de emisión local como Abierto a Mediodía, con Ramón Palomar, Juego Limpio, con Kike Mateu, ou El Mirador de la Liga, con José Molins, Juan Carlos Villena e Paco García Polit. O seu último director foi Alfonso L. Quiñones. As emisoras que en marzo de 2013 eran ABC Punto Radio Com. Valenciana-Las Provincias Punto Radio pasaron a ser a emisora COPE Com. Valenciana ou outras emisoras do grupo COPE.
- El Micalet. Valencia Fin de Semana: Semanario gratuíto que se distribuía en Valencia e a súa área metropolitana e que tomou o seu nome, en valenciano, do Miguelete, a torre do campanario da Catedral de Valencia, un dos símbolos da cidade. En outubro de 2007 deixou de ser unha publicación diaria de información xeral para pasar a ser un semanario, tamén gratuíto, dedicado ao lecer e a cultura da cidade de Valencia. Distribuíase os venres e, desde maio de 2008, tamén se publicaba xunto ás Provincias os venres como un suplemento, substituíndo así ao caderno pequeno ZonaLP que se deixou de publicar. O seu director era desde a súa fundación o xornalista David Burguera. Foi substituído en 2009 polo suplemento de lecer GPS, Guía Para Salir.
- La 10 Comunitat Valenciana (anteriormente Las PROVINCIAS Televisión): Canle autonómica de televisión que emitía para toda a Comunidade Valenciana e que formou parte da nova plataforma de televisións privadas de ámbito autonómico do grupo Vocento. O seu director era Juan Candela. Emitía a programación en cadea que anteriormente se agrupaba baixo a marca Punto TV, ademais de programas e informativos de carácter autonómico. O 17 de maio de 2010, cambiou a súa marca e a súa mosca de Las Provincias TV a La 10 Comunitat Valenciana. Os principais programas de produción propia foron o magacín Redacción de Noche, presentado por José Forés e La Senda Oculta, dirixido e presentado polo escritor Chema Ferrer, programa que chegou a emitirse durante catro tempadas consecutivas en todas as televisións autonómicas e locais do grupo Vocento. Tras o salto da 10 a nivel nacional, o 20 de outubro de 2010 La 10 Comunitat Valenciana cesou as súas emisións. Finalmente, en febreiro de 2013 pasou a emitir o sinal de Ehs.TV e hoxe a emite Metropolitan TV.
Directores
[editar | editar a fonte]- Teodoro Llorente Olivares (1866-1904)
- Teodoro Llorente Falcó (1904-1936 e 1939-1949) (De 1936 a 1939 o xornal non saíu á rúa, posto que a empresa foi incautada)
- Martín Domínguez Barberá (1949-1958)
- José Ombuena Antiñolo (1958-1992)
- María Consuelo Reyna Doménech (1992-1999).
- Francisco Pérez Puche (1999-2002)
- Pedro Ortiz Simarro (2002-2009)
- Julián Quirós (2009-)
Xornalistas relevantes
[editar | editar a fonte]- Teodoro Llorente Olivares (Escritor valenciano, primeiro director do xornal)
- Vicent Andrés Estellés (Xornalista e escritor valenciano, ex redactor xefe)
- Eduardo López-Chavarri (Compositor, escritor e humanista)
- Joan Fuster (Escritor valenciano)
- José Ombuena Antiñolo (Periodista e escritor valenciano, director do xornal durante 34 anos)
- José Manuel Dasí (Xornalista e cronista parlamentario)
- María Consuelo Reyna (Xornalista, directora do xornal durante 7 anos)
- Francisco Pérez Puche, ex director
- Ricardo Ros Marín, ex redactor-xefe
- Carlos Aimeur (Xornalista e escritor, gañador do Premio Blasco Ibáñez de Novela 2007)
- Francisco Peris Mencheta (Xornalista, considerado como o primeiro correspondente de guerra español)
- Vicente Calvo Acacio (Xornalista, escritor e crítico literario)
- Eduardo Sancho (Xornalista, un dos pioneiros da televisión en España)
- Francesc de Paula Burguera (Xornalista, escritor e político valenciano)
- Martín Domínguez Barberá (Xornalista e escritor, director do xornal na época posterior á riada de 1957, apartado do cargo polas súas reclamacións sobre axudas para a cidade)
- Carme Karr Alfonsetti (Xornalista e escritora, unha das precursoras do feminismo en España no século XIX)
- Ricard Bellveser (Xornalista, escritor e crítico literario, ex redactor xefe do diario)
- Manuel Alcántara (Xornalista e escritor)
- Artur Balder (Xornalista, escritor e director de cine)
- Rafa Marí (Xornalista e escritor)
- Juan Vicente Yago (escritor e profesor)
- Ramón Palomar (escritor e xornalista)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Altabella (1970), p. 95
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Altabella, José (1970). «Las Provincias». Eje histórico del periodismo valenciano, 1866-1969 (en castelán). Madrid: Editora Nacional.
- Porcel, Pedro (2002). Clásicos en Jauja. La historia del tebeo valenciano. Col. Papers grisos (en castelán). Alacant: Edicions de Ponent. ISBN 978-8489929388.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Versión dixital da edición en papel de Las Provincias* Edición dixital de Las ProvinciasArquivado 12 de outubro de 2008 en Wayback Machine.