Saltar ao contido

Lacertilios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lacertilia»)
Lacertilios
Lacertilia
Lagartos e especies afíns

Rango fósil: xurásicoactualidade

Timon lepidus (lagarto arnal) en Fisterra
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Sauropsida
Subclase: Diapsida
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Günter, 1867
Área de distribución mundial
Área de distribución mundial

Infraordes
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

A dos lacertilios (Lacertilia) é unha suborde de réptiles escamosos que inclúe a maioría dos réptiles actuais, como varanos, iguanas, lagartos, lagartas, camaleóns e xecos, así como algunhas formas fósiles moi notábleis, como os mosasauros do Cretáceo superior.

Xunto coas subordes das serpentes (Serpentes) e das cobras cegas (Amphisbaenia), forma a orde dos escamosos (Squamata), que comprende case 5 000 especies.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A suborde foi descrita en 1867 polo zoólogo británico de orixe alemá Albert Günther.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Lacertilia está formado pola adición á raíz do nome do seu xénero tipo, Lacerta, o sufixo do latín científico -ilia, indicando plural.

Sinónimo

[editar | editar a fonte]
  • Sauria Macartney, 1802

Variacións taxonómicas

[editar | editar a fonte]

Antes denominábase saurios (Sauria) á suborde formada polos lacertilios e as serpentes, pero dado que este resultou ser parafilético, o nome Sauria aplícase agora a un clado maior de réptiles que inclúe a maioría da subclase dos diápsidos.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

A suborde comprende as infraordes seguintes:

Características

[editar | editar a fonte]

Normalmente tenen catro patas, oído con apertura externa e pálpebras móbiles. O rango de lonxitudes vai duns poucos centímetros dalgúns xecos do Caribe até os cerca de tres metros do dragón de Komodo.

Algunhas especies de lacertilios, as chamadas cobras cegas (como Blanus cinereus),[2] non teñen patas funcionais, a pesar de teren vestixios do esqueleto das patas. Distínguense das verdadeiras serpentes pola presenza de aberturas timpánicas e pálpebras. O seu corpo é alongado e teñen unha cola ben desenvolvida.

Os lacertilios da infraorde dos Scincomorpha a miúdo presentan cores brillantes e iridiscentes que parecen húmidos. Pero como o resto dos lagartos, teñen a pel seca, prefirindo xeralmente evitar a auga (aínda que todos os lagartos poden nadar se é necesario).

Todos os lacertilios poden cambiar de cor en resposta á súa contorna ou en momentos de perigo. O exemplo máis típico é o dos camaleóns, pero tamén poden suceder cambios de cor máis sutís noutras especies de lacertilios.

Algunhas especies son capaces de romper e desprender a súa cola cando se ven en perigo ou son capturados por un depredador; esta capacidade, denominada autotomía, débese á presenza de planos especiais de ruptura nas vértebras caudais. Tras a autotomía, a cola rexenérase, pero a nova cola non é idéntica á perdida; en efecto, as vértebras non poden rexenerarse e son substituídas por un tubo cartilaxinoso non segmentado.[3]

Bioloxía e ecoloxía

[editar | editar a fonte]

Os lacertilios aliméntanse xeralmente de invertebrados, como insectos ou arácnidos e, en ocasións (e dependendo da especie), de pequenos vertebrados, incluíndo a outras especies de lacertilios. Unhas poucas especies son omnívoras e poden comer plantas. Soamente un xénero é velenoso, Heloderma, que inclúe as especies Heloderma suspectum (monstro de Gila) e Heloderma horridum. Estas especies habitan no oeste de México e o sur de Texas, e posúen dúas glándulas velenosas na mandíbula. Porén, en 2009 descubriuse que o dragón de Komodo posibelmente tamén sexa velenoso, tras o achado dun par de glándulas de veleno no seu maxilar inferior.[4] De todos os xeitos está en discusión o efecto real que poida ter tras unha trabada.[5][6]

A maioría dos lacertilios poñen ovos, aínda que as femias dunhas poucas especies retéñenos no seu interior e paren directamente as crías vivas (ovovivíparos).

  1. Lacertilia Günther 1867 Arquivado 23 de abril de 2020 en Wayback Machine. en fossilworks.
  2. Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 82. Real Academia Galega.
  3. Young, J. Z. (1977): La vida de los vertebrados. Barcelona: Editorial Omega. ISBN 84-282-0206-0.
  4. Bryan G. Fry, Stephen Wroec, Wouter Teeuwissed; et al. (2009). "A central role for venom in predation by Varanus komodoensis (Komodo Dragon) and the extinct giant Varanus (Megalania) priscus''". Proceedings of the National Academy of Sciences 106 (22): 8969–8974. doi:10.1073/pnas.0810883106. 
  5. Carl Zimmer (25 de maio de 2009). "Venom Might Boost Dragons Bite". San Diego Tribune. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2014. Consultado o 3 de outubro de 2019. 
  6. Anthony Bartkewicz (19 de maio de 2009). "Study: Komodo Dragons Kill With Venom". Fox News Service. Consultado o 3 de outubro de 2019. [Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros atigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]