Kristin Gierisch
(2015, Frankenstadion (pt) ) | |||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de agosto de 1990 (34 anos) Zwickau, Alemaña | ||||||||||||||||||||||
Altura | 178 cm | ||||||||||||||||||||||
Peso | 61 kg | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Ocupación | atleta, policía | ||||||||||||||||||||||
Empregador | Policía federal | ||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Alemaña | ||||||||||||||||||||||
Deporte | atletismo | ||||||||||||||||||||||
Disciplina deportiva | Triplo salto | ||||||||||||||||||||||
Adestrado por | Harry Marusch (valor descoñecido–2020) Charles Friedek (2021–) | ||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||
2021 | Xogos Olímpicos de 2020 (30ª) | ||||||||||||||||||||||
2016 | Xogos Olímpicos de 2016 (11ª) | ||||||||||||||||||||||
Kristin Gierisch, nada en Zwickau, Saxonia (Alemaña) o 20 de agosto de 1990,[1] é unha atleta alemá especializada na proba de triplo salto.
Gañou a medalla de prata no Campionato mundial en pista cuberta de 2016, no Campionato de Europa de 2018 e a de ouro no Campionato de Europa en pista cuberta de 2017. Ademais, foi cuarta no Campionato de Europa en pista cuberta de 2015 e novena no Campionato de Europa de 2014.
As súas mellores marcas persoais na competición de triplo salto son 14,45 m ao aire libre (-0,5 m/s, Berlín 2018) e 14,46 m en pista cuberta (Praga 2015).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Principais eventos
[editar | editar a fonte]No Campionato do mundo de atletismo en pista cuberta de 2016 gañou a medalla de prata no triplo salto, cun salto de 14,30 m, sendo superada pola venezolana Yulimar Rojas (ouro con 14,41 m) e por diante da atleta grega Paraskeví Papachristou (bronce con 14,15 m).[1]
O 10 de agosto de 2018, no Campionato de Europa de atletismo, no Estadio Olímpico de Berlín, Gierisch gañou a medallla de prata cun salto de 14,45 m, detrás da grega Paraskeví Papachristou (ouro, cun salto de 14,60 m), e por diante da española (galega) Ana Peleteiro (bronce, cun salto de 14,44 m).[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Ficha. Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF). Consultado el 17 de agosto de 2018.
- ↑ "Bronce para la historia de Peleteiro". La Voz de Galicia, 11-08-2018.
- ↑ "IAAF: Teenage Ingebrigtsen kicks to 1500m gold at European Championships. News". Consultado o 17 de agosto de 2018..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kristin Gierisch |