Saltar ao contido

Ken Robinson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSir Editar o valor en Wikidata
Ken Robinson

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Kenneth Robinson Editar o valor en Wikidata
4 de marzo de 1950 Editar o valor en Wikidata
Liverpool, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte21 de agosto de 2020 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
ResidenciaOs Ánxeles Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Leeds
Wade Deacon High School (en) Traducir
Liverpool Collegiate School (en) Traducir
Universidade de Londres
Bretton Hall College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneducation expert (en) Traducir, educador, conferencista (pt) Traducir, escritor, Presidente do Parlamento, participante em documentário (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Warwick (pt) Traducir
Hong Kong Academy for Performing Arts (en) Traducir
Government of Singapore (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
World Government Summit 2015 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina websirkenrobinson.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2213158 Twitter: sirkenrobinson TED: sir_ken_robinson BNE: XX4873156 Musicbrainz: 8ad88957-a650-4952-8049-2a282b5f9131 Discogs: 3379128 Editar o valor en Wikidata


Sir Ken Robinson, nado en Liverpool o 4 de marzo de 1950, é un pedagogo e escritor inglés. Doutor pola Universidade de Londres desde 1981, é experto en asuntos relacionados coa creatividade, a calidade do ensino, a innovación e os recursos humanos. Debido á relevancia da súa actividade, especialmente en relación coa arte, foi nomeado Sir pola Raíña Isabel II en 2003.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi un dos sete fillos de James e Ethel Robinson. Con catro anos tivo a polio. Durante tres anos foi á escola en Liverpool, e continuou na escola de gramática de Cheshire até 1968, e posteriormente na universidade de Leeds para recibir formación sobre a lingua inglesa e dramaturxia. Tras finalizar estes estudos, matriculouse na universidade de Londres, facendo a súa tese sobre o drama e o teatro en educación.

Actualmente vive nos Ánxeles (California) coa súa muller Therese e os seus dous fillos, James e Kate.

Vida profesional

[editar | editar a fonte]

Entre 1985 e 1989 dirixiu o proxecto The Arts in Schools, iniciativa que pretendía mellorar o ensino e a aprendizaxe das artes nas escolas británicas. Entre 1989 e 2001 foi profesor de educación artística e portavoz do departamento de educación artística na Universidade de Warwick. Ao tempo, foi encargado das investigacións para o desenvolvemento da Facultade de Educación na que traballaba, e director de estudos de grao no instituto Warwick para a educación, director do programa de posgrao en educación artística e estudos culturais, e director da unidade para a investigación en educación, cultura e artes (URECA).

En 1998 foi posto á fronte do comité consultivo nacional sobre educación creativa e cultura polo ministro británico de educación e emprego, David Blunkett. Alí desenvolveu unha investigación nacional sobre a importancia da creatividade na educación e a economía do Reino Unido. Este traballo deu pé ao Informe Robinson, titulado All Our Futures: Creativity, Culture and Education, que tivo grande impacto ao pór de relevo o escaso papel que até entón tivera a creatividade e a importancia que sobre ela recaía o futuro, xa non só do país, senón da propia humanidade.

Amais de co goberno británico, durante a súa carreira colaborou cos gobernos de Hong Kong e Singapur, coa Comisión Europea e co Instituto de Artes Paul McCartney.

Actualmente é profesor emérito da Universidade de Warwick.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]