Juno (sonda espacial)
Juno | |
---|---|
Representación artística de Juno en órbita de Xúpiter. | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Destino actual | En órbita de Xúpiter.[1] |
Data de lanzamento | 5 de agosto de 2011, 16:25 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Atlas V[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral[2][6] |
Obxectivo da misión | Estudo de Xúpiter.[2][6] |
NSSDC ID | 2011-040A |
Masa | 1500,0 kg[2][5] |
Dimensións | Cilindro hexagonal de 3,5 m de diámetro e 3,5 m de alto rodeado por tres paneis solares. |
Potencia | 400 vatios na órbita de Xúpiter |
Juno (acrónimo de Jupiter Near-polar Orbiter) é unha sonda espacial da NASA pertencente ó programa New Frontiers e lanzada o 5 de agosto de 2011 mediante un foguete Atlas V desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6] Chegou ó planeta Xúpiter o día 5 de xullo de 2016, sendo confirmado o seu ingreso a salvo á órbita do planeta ás 03:53 UTC.[7] A duración útil da misión será dun ano terrestre. A misión terá unha duración total de seis anos.
Características
[editar | editar a fonte]Juno é unha sonda espacial lanzada cara Xúpiter, onde se insertou nunha órbita polar desde a que facer as súas observacións. A misión principal de Juno é estudar a formación e orixe da atmosfera do planeta e o fenómeno da migración planetaria mediante a medición das abundancias de osíxeno e nitróxeno, estudar as variacións na atomsfera profunda de Xúpiter no relativo á meteoroloxía, composición e temperatura, observar a estrutura fina do campo magnético xoviano, medir o campo gravitatorio e a distribución de masas no interior do planeta e estudar a súa magnetosfera e as súas auroras. A sonda leva oito instrumentos a bordo para cumprir estes obxectivos. É a segunda misión do programa New Frontiers.[2][5][6]
O corpo da nave é un cilindro hexagonal de 3,5 m de diámetro e 3,5 m de alto do que sobresaen tres paneis solares de lados alternos do hexágono e proporcionando un diámetro total para a sonda de 20 metros. Nun dos lados do cilindro se atopa a antena de alta ganancia. No interior van montados varios insrumentos, o propelente e unha caixa blindada de titanio de 0,8 x 0,8 x 0,6 metros resistente á radiación do contorno de Xúpiter coa aviónica e os sistemas críticos dentro dela. A caixa ten unha masa de 150 kg, cun espesor dun centímetro nas súas paredes. A alimentación eléctrica é proporcionada por tres paneis solares con células de arseniuro de galio. Dous dos paneis solares están formados por catro segmentos, mentres que o terceiro está formado por tres segmentos, ocupando o lugar do cuarto unha estrutura con instrumentación científica. Os paneis xeran 18 kW de potencia na órbita terrestre e 400 W na órbita de Xúpiter.[2][5][6]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]Juno leva os seguintes instrumentos a bordo:[2][5]
- Experimento de Distribución Auroral Xoviano (JADE)
- Instrumento Detector de Partículas Enerxéticas en Xúpiter (JEDI)
- Espectrógrafo Ultravioleta (UVS)
- JunoCam
- Cartografiador Auroral Xoviano no Infravermello (JIRAM)
- Instrumento de Ondas de Plasma (Waves)
- Radiómetro de Microondas (MWR)
- Magnetómetro de Porta de Fluxo (FGM)
- Compás Estelar Avanzado (ASC)
- Magnetómetro Escalar de Helio (SHM)
- Experimento de Gravidade.
Perfil da misión
[editar | editar a fonte]Juno foi lanzado desde Cabo Cañaveral o 5 de agosto de 2011 ás 16:25 GMT (12:25 EDT) a unha órbita heliocéntrica. Para alcanzar Xúpiter necesitou facer unha asistencia gravitatoria coa Terra, á que sobrevoou en setembro de 2013. Juno entrou en órbita de Xúpiter o 5 de xullo de 2016.[2]
Un dos feitos a vixiar é a tormenta xigante xirando preto da Gran Mancha Vermella, no hemisferio sur do planeta, dun diámetro duns 8000 km.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "JUNO" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2013.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (27 de marzo de 2013). "Juno" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2013.
- ↑ "Note verbale dated 14 November 2011 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (11-87980). 12 de decembro de 2011: 3. Consultado o 5 de maio de 2013.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Juno" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Juno (New Frontiers 2)" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Juno" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2013.
- ↑ "NASA's Juno Spacecraft in Orbit Around Mighty Jupiter" (en inglés). NASA. 5 de xullo de 2016. Consultado o 5 de xullo de 2016.
- ↑ Greicius, Tony (2019-01-31). "Jupiter Storm Tracker". NASA. Consultado o 2019-02-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juno |