Saltar ao contido

Joseph Kabila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoseph Kabila

(2003) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Joseph Kabila Kabange Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xuño de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Hewa Bora, República Democrática do Congo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente da República Democrática do Congo
26 de xaneiro de 2001 – 25 de xaneiro de 2019
← Laurent-Désiré KabilaFélix Tshisekedi → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónAnglicanismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Makerere
PLA National Defence University (en) Traducir
Washington International University (en) Traducir
University of Johannesburg (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido do Pobo para a Reconstrución e a Democracia Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarmajor-general (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeOlive Lembe di Sita Editar o valor en Wikidata
PaiLaurent-Désiré Kabila Editar o valor en Wikidata
IrmánsZoé Kabila
Jaynet Kabila
Aimée Kabila Mulengela
Gloria Mteyu Editar o valor en Wikidata
ParentesFrancis Selemani, foster brother Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of African Biography, Editar o valor en Wikidata

Joseph Kabila, nado o 4 de xuño de 1971, foi o presidente da República Democrática do Congo desde o asasinato do seu pai Laurent-Désiré Kabila en xaneiro de 2001, no transcurso da Segunda Guerra do Congo, até o ano 2019.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Gañou as eleccións presidenciais de 2006 polo que continuou no cargo. O seu partido político é o Partido do Pobo para a Reconstrución e a Democracia.

Intentou deter a guerra civil e facer que se retiraran as tropas estranxeiras do Congo con certo éxito. Tras un acordo de paz, unha administración temporal púxose en marcha en 2003. Nela incluíronse ós xefes dos dous principais grupos rebeldes nos cargos de vicepresidentes. Coa fin de organizar eleccións antes da fin de 2005, distribuíronse os cargos proporcionalmente.

O 28 de marzo de 2004 os seguidores do antigo presidente Mobutu Sese Seko intentaron derrocar ó fillo de Kabila mediante un golpe de estado.

Desde a súa chegada ó poder, Joseph Kabila debeu facer fronte a continuas guerras no leste do Congo ou ás forzas rebeldes internas ou apoiadas polos gobernos veciños (Uganda e Ruanda) que fan reinar a inestabilidade mediante a violencia, o crime e a pillaxe dos recursos mentres a comunidade internacional parece desviar a mirada. Os rebeldes séntense ademais motivados por cousas distintas á obtención da vitoria e o control das minas de ouro e diamante: que Kabila permita que os antigos xenocidas hutus se rearmen e realicen incursións militares en Burundi. Tanto Ruanda como Burundi desexan acabar co período de inestabilidade da rexión dos Grandes Lagos, así como dar caza ós milicianos que se reagrupan ó leste do Congo.

En outubro de 2021, Joseph Kabila defendeu a súa tese de graduación na Universidade de Johannesburgo. Concedéuselle un máster en ciencias políticas e relacións internacionais ao remate dos seus estudos de cinco anos de duración.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]