Saltar ao contido

José Vara Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Vara Martínez
Biografía
Nacemento3 de outubro de 1912 Editar o valor en Wikidata
Porto, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte16 de setembro de 1995 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo da Coruña

José Vara Martínez, alcumado Portugués, nado no Vila Nova de Gaia o 3 de outubro de 1912 e finado en Ferrol o 16 de setembro de 1995, foi un futbolista portugués de ascendencia galega. Xogaba de defensa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Vila Nova de Gaia, sendo súa nai portuguesa e seu pai galego, e instalouse en Galicia aos cinco anos.[1] O seu primeiro equipo foi o Unión Sporting Club de Lavadores, co que competiu no Campionato de Galicia e onde coincidiu entre outros con Talladas, Morla, Cons ou Herodes.[1] En 1934 pasou brevemente polo Racing Club San Lorenzo de Santiago e a continuación fichou polo Lugo Sporting.[2] En 1937, pasou ás filas do Racing de Ferrol, equipo co que foi subcampión da Copa do Xeneralísimo na edición de 1939, sendo un dos titulares na final fronte ó Sevilla.[3] Tamén gañou dúas edicións do Campionato de Galicia co equipo ferrolán.

Na tempada 1942–43 firmou polo Deportivo da Coruña, debutando na máxima categoría da man do técnico coruñés Chacho, na primeira xornada, nunha vitoria a domicilio sobre o Granada CF (0–1). Esa campaña participou en 23 partidos, formando parella na defensa co coruñés Pedrito. As actuacións desta parella defensiva, xunto as do gardameta Acuña, fixeron que o equipo fose o menos goleado da liga esa campaña. Permaneceu no Deportivo catro campañas, sufrindo un descenso a Segunda División logo da tempada 1944–45, logrando o ascenso na campaña seguinte.

En 1945, volveu ao Racing de Ferrol, retirándose en 1949, logo de tres campaña en Segunda División. Faleceu en Ferrol o 16 de setembro de 1995.[4]

  1. 1,0 1,1 "Un gallego «a todos los efectos»". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de novembro de 1992. p. 94. 
  2. "Nuevos jugadores al Lugo Sporting Club". La Voz de la Verdad (en castelán). 16 de novembro de 1934. p. 5. Consultado o 16 de abril de 2021. 
  3. Copa do Xeneralísimo 1939 en linguasport (en castelán)
  4. "Esquela". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de setembro de 1995. p. 79. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]