Saltar ao contido

Johnny Briceño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohnny Briceño

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) John Antonio Briceño Editar o valor en Wikidata
17 de xullo de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Orange Walk, Belize (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
President of the Caribbean Community (en) Traducir
1 de xaneiro de 2022 – 30 de xuño de 2022
← Gaston BrowneChan Santokhi →
Minister of Finance (en) Traducir
16 de novembro de 2020 –
Primeiro ministro de Belice
12 de novembro de 2020 –
← Dean Barrow
Nomeado por: Colville Young
Leader of the Opposition of Belize's House of Representatives (en) Traducir
31 de xaneiro de 2016 – 12 de novembro de 2020
← Francis Fonseca (en) TraducirPatrick Faber (en) Traducir →
Deputy Prime Minister of Belize (en) Traducir
28 de agosto de 1998 – 5 de xuño de 2007
← Dean BarrowJuan Vildo Marin (en) Traducir →
Member of the House of Representatives of Belize (en) Traducir

Lexislatura: 9th House of Representatives (en) Traducir

Circunscrición electoral: Orange Walk Central (en) Traducir
Member of the House of Representatives of Belize (en) Traducir


Circunscrición electoral: Orange Walk Central (en) Traducir
Minister of the Environment (en) Traducir

← Henry Young (en) TraducirJuan Vildo Marin (en) Traducir →
Minister of the Environment (en) Traducir

← Juan Vildo Marin (en) TraducirFlorencio Marin Sr. (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónSt. John's College, Belize (en) Traducir - administración de empresas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPeople's United Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRossana Briceño Editar o valor en Wikidata
PaiElijio Briceño Editar o valor en Wikidata
ParentesLeopoldo Briceño, sobriño Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: johnbricenobze Editar o valor en Wikidata

John Antonio Briceño, nado en Orange Walk Town, Honduras Británica, o 17 de xullo de 1960, é un político belizense, actual primeiro ministro de Belize desde 2020. É ademais o líder do Partido Popular Unido (PUP) desde 2016. Foi líder da oposición de 2008 a 2011 e de 2016 a 2020. De 1998 a 2007, foi viceprimeiro ministro durante o goberno de Said Musa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o o 17 de xullo de 1960 en Orange Walk Town, na entón Honduras Británica.[1] O seu pai, Elijio Briceño, foi ministro do goberno na década de 1980, pero en 1985 foi condenado por tentar introducir marihuana e cocaína nos Estados Unidos, en colaboración cun irmán e un sobriño.[2]

Graduouse no Muffles College en 1978.[3] Obtivo un grao de asociado en administración de empresas no St. John's College en 1980, e un título de grao en administración de empresas da Universidade de Texas en Austin en 1985.[1] En 1990, Johnny Briceño e o seu irmán Jaime fundaron Centaur Communications,[4] un provedor de televisión por cable que máis tarde se expandiu como servizo de Internet, noticias e radio.[5]

En 1993 foi elixido por primeira vez para a Cámara de Representantes de Belize, representando o distrito electoral de Orange Walk Central. En 1994 gañou as eleccións da alcaldía do concello de Orange Walk Town.[1] Tamén en 1994 foi elixido copresidente do Partido Popular Unido,[1] e dous anos máis tarde pasou a ocupar o cargo de vicelíder do partido.[6] Cando o PUP gañou as eleccións xerais de 1998, Briceño foi nomeado viceprimeiro ministro do goberno de Belize e Ministro de Recursos Naturais e Medio Ambiente.[1]

En agosto de 2004 dirixiu un grupo de ministros, coñecido como a alianza do G-7, que demandou unha serie de reformas, entre elas a destitución de Ralph Fonseca do goberno. O primeiro ministro, Said Musa, non atendeu a estas demandas e o grupo dimitiu. Con todo, Musa acabou aceptando posteriormente todas as demandas agás a destitución de Fonseca e os ministros do G-7 permaneceron no Consello de Ministros.[7] Briceño gañou ademais unha carteira adicional, o Ministerio de Facenda.[1] Máis tarde foi un dos ministros que se opuxo á proposta de Musa de saldar a débeda dos Servizos Universais de Saúde do país. Como resultado disto, Musa intentou retirar a Briceño do seu cargo de vicepresidente do goberno, ofrecéndolle outros postos menores no goberno. Briceño non aceptou, e acabou por dimitir o 5 de xuño de 2007.[7]

Nunha convención nacional do PUP en xullo de 2007, Briceño foi reelixido como un dos vicedirixentes do partido.[8] Nas eleccións xerais de febreiro de 2008, nas que o PUP foi derrotado, Briceño foi reelixido na súa circunscrición de Orange Walk Central, sendo un dos únicos seis candidatos do PUP que o lograron.[9]

O 30 de marzo de 2008 foi elixido líder do PUP nunha convención do partido en Belmopán, sucedendo a Musa. Derrotou a Francis Fonseca, que era considerado o candidato preferido pola dirección do partido, recibindo 330 votos fronte a 310 de Fonseca.[10]

Alegando problemas de saúde, dimitiu inesperadamente como líder do PUP e da oposición en outubro de 2011, sen ter liderado o partido nunhas eleccións xerais. Con todo, mantivo o seu escano na Asemblea Nacional.[11] Foi sucedido en ambos cargos por Francis Fonseca.[12]

Incidente de gravación de 2015

[editar | editar a fonte]

En marzo de 2015, pouco despois da derrota do PUP nas eleccións municipais, fíxose pública unha gravación de Briceño criticando duramente o goberno de Musa do período 1998-2008. Na gravación, Briceño acusaba a Musa e Ralph Fonseca de ter roubado "millóns, decenas de millóns de dólares" e afirmando que se o país fose outro, estarían no cárcere. Tamén se lle oía dicir que se tiña endebedado persoalmente como líder do PUP en nome do partido, e culpaba a Francis Fonseca de perder as eleccións xerais e locais de 2012. Briceño afirmou que a gravación se realizou sen o seu consentimento e rexeitou comentala. Francis Fonseca cualificou o suceso como un "asunto interno do partido".[13]

En 2016 foi elixido líder do partido por segunda vez.

Primeiro ministro de Belize (2020-presente)

[editar | editar a fonte]

O 11 de novembro de 2020, o Partido Popular Unido gañou as eleccións xerais, derrotando ao Partido Democrático Unido liderado por Patrick Faber. Briceño asumiu o cargo de primeiro ministro de Belize o 12 de novembro de 2020. Converteuse así no primeiro primeiro ministro que non é natural da Cidade de Belize.[14]

En xullo de 2021, o seu goberno aprobou unha lexislación que establece un mandato fixo de sete anos para o gobernador xeral de Belize. Durante o debate do proxecto de lei, afirmou que Belize debería comezar a considerar a substitución da monarquía por unha república.[15]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Rossana,[16] coa que tivo tres fillos.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Cablegate: Bio -- Belize: John Briceno," (en inglés). 31 de marzo de 2008. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  2. "Former Belize minister gets 7 years on drug charges" (en inglés). 10 de setembro de 1985. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  3. "Prime Minister’s alma mater sends congratulations" (en inglés). 12 de novembro de 2020. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  4. "Jaime Briceno". pup.org.bz (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2020. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  5. "OUR HISTORY". centaurbz.com (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  6. "From the Publisher" (en inglés). 15 de marzo de 2015. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  7. 7,0 7,1 "Vildo is Deputy P.M. – Florencio replaces Johnny!". amandala.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de febreiro de 2012. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  8. "Musa and Ralph step down - PUP D-day March 30!" (en inglés). 15 de febreiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2010. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  9. "Confirmed winners" (en inglés). 8 de febreiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2011. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  10. "Johnny stuns Francis in ‘Pan!" (en inglés). 1 de abril de 2008. Arquivado dende o orixinal o 8 de febreiro de 2012. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  11. "Johnny Briceño steps down as Leader of the PUP" (en inglés). 7 de outubro de 2011. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  12. "Francis Fonseca is the New Leader of the PUP" (en inglés). 20 de outubro de 2011. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  13. "CONfirmation!" (en inglés). 13 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  14. "Belize election: Opposition win brings change after 12 years". BBC (en inglés). 12 de novembro de 2020. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  15. "Abandoning the realm: Republic of Belize?" (en inglés). 5 de xullo de 2021. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  16. "Prime Minister’s alma mater sends congratulations" (en inglés). 12 de novembro de 2020. Consultado o 6 de xuño de 2022.