Saltar ao contido

John Dee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Dee

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xullo de 1527 Editar o valor en Wikidata
Londres (Reino de Inglaterra) Editar o valor en Wikidata
Morte26 de marzo de 1609 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Mortlake (Reino de Inglaterra) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt Mary the Virgin, Mortlake (en) Traducir 51°28′10″N 0°15′42″O / 51.4695, -0.2615789 Editar o valor en Wikidata
EducaciónOld University of Leuven (en) Traducir (1548–1550)
Trinity College (1546–1548)
St John's College (pt) Traducir (1542–1546) Editar o valor en Wikidata
Director de teseGemma Frisius (pt) Traducir e Gerardus Mercator Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas e alquimia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, xeógrafo, cartógrafo, astrólogo, matemático, astrónomo, Escriba Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de París
Rodolfo II Editar o valor en Wikidata
ProfesoresGerardus Mercator Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoThomas Digges (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJane Dee Editar o valor en Wikidata
FillosArthur Dee Editar o valor en Wikidata
PaisRoland ap Bedo ap Dafydd Ddû ap John Dee Editar o valor en Wikidata  e Jane ferch William Wilde Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Vlastenský slovník historický (pt) Traducir
Biblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
BNE: XX984413 Discogs: 3665115 WikiTree: Dee-258 Find a Grave: 13108152 Editar o valor en Wikidata

John Dee, nado o 13 de xullo de 1527, en Towe Ward (Londres) e finado a finais de 1608 ou principios de 1609, en Mortlake (Surrey), foi un alquimista, ocultista, matemático, astrónomo, astrólogo, ocultista, imperialista[1], navegante galés e consultor da raíña Isabel I de Inglaterra. Adicou parte da súa vida ao estudo da alquimia, filosofía hermética e adiviñación.

Dee incursionou nos mundos da ciencia e da maxia a pesar de estar distinguidos os conceptos nese tempo. Un dos homes máis eruditos da súa época, foi convidado a disertar sobre álxebra avanzada na Universidade de París, cando non superaba os vinte anos de idade. John Dee foi un gran promotor das matemáticas e respectado astrónomo e destacado experto en navegación e adestrou nesta materia a moitos dos que posteriormente levarían a cabo as viaxes de descubrimento inglesas. Nun dos numerosos tratados que escribiu nos anos 1580 alentando as expedicións bitánicas na busca do Paso do Noroeste, hai indicios de que acuñou (ou polo menos ao ser introducido en imprenta) o termo Imperio británico.[2]

Ao mesmo tempo, Dee somerxeuse nos mundos da maxia, astroloxía e filosofía hermética. Adicou moito tempo e esforzo nos seus últimos trinta anos de vida a procurar comunicarse cos anxos coa fin de aprender a linguaxe universal da creación e lograr a unidade preapocalíptica da humanidade.

Foi estudante do neoplatonismo renacentista de Marsilio Ficino, mais non fixo distincións entre as súas investigacións matemáticas, estudo da maxia hermética, invocación dos anxos e adiviñación. Considerou que todas as materias ás que se adicaba constituían diferentes facetas da mesma procura: a indagación dunha comprensión transcendente das formas divinas que subxacen ao mundo visible, ao que Dee chamou verdades puras.

O elevado status de John Dee como erudito recoñecido permitiulle tamén desempeñar un papel notorio na política isabelina. Serviu como asesor ocasional e titor da raíña Isabel I e cultivou relacións cos seus ministros Francis Walsingham e William Cecil. Tamén gozou de relacións de padroádego co señor Philip Sidney, o seu tío Robert Dudley, I conde de Leicester, Edward Dyer e do señor Christopher Hatton.

Ao largo da súa vida Dee compilou a biblioteca máis grande en Inglaterra e unha das máis grandes de Europa.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Nado en Towe Ward, Londres, de familia de procedencia galesa, en concreto de Radnorshire. O seu apelido deriva do galés du (negro). Seu pai Roland foi un mercenario e cortesano menor. A familia chegou a Londres a raíz da coroación do galés Henry Tudor como Henrique VII.

Dee asistiu á Chelmsford Catholic School dende 1535 (agora coñecido como King Edward VI Grammar School) e despois —dende novembro do 1542 ao 1546— ao St. John's College, Cambridge.[4] As súas habilidades foron recoñecidas e foi nomeado membro fundador do Trinity College, onde os efectos da aguda escenificación que levou a cabo para unha produción de A Paz de Aristófanes procuráronlle a reputación de mago de por vida. Durante os últimos anos da década de 1540 e os primeiros da de 1550, viaxou por Europa, facendo estudos en Lovaina (1548) e Bruxelas e disertando en París sobre Euclides. Estudou xunto con Gemma Frisius e converteuse nun amigo íntimo do cartógrafo Gerardus Mercator, volvendo a Inglaterra cunha importante colección de instrumentos matemáticos e astronómicos. No 1552, coñeceu a Gerolamo Cardano na cidade de Londres; durante a súa amizade fixeron investigacións dunha máquina de movemento perpetuo como unha xoia que pretendía ter propiedades máxicas.[5]

Reitor en Upton-upon-Severn dende 1553, a Dee ofrecéronlle o cargo de profesor adxunto en matemáticas en Oxford no 1554, mais declinou a oferta citando a énfase das universidades inglesas na retórica e a gramática (xunto coa lóxica conformaban o trivium académico) en detrimento da filosofía e a ciencia (o máis avanzado quadrivium, composto de aritmética, xeometría, música e astronomía) como ofensivo; estaba ocupado coa escritura e quizais coa esperanza dunha mellor posición na corte.[6] No ano 1555, Dee pasou a ser membro do Worshipful Company of Mercers, como o seu pai a través do sistema de patrimonio da compañía.[7]

Nese mesmo ano, 1555, foi arrestado e acusado de calcular horóscopos da raíña María I de Inglaterra e da princesa Isabel. Os cargos foron ditados como traizón a María.[8] Dee compareceu na Cámara Estrelada e liberouse dos delitos cometidos. Posteriormente foi entregado ao bispo católico Edmund Bonner para un exame relixioso. A súa devoción e perdurable inclinación polo segredo empeoraba as cousas, facendo deste acontecemento un dos máis ataques dramáticos e difamatorios que perseguirían a John Dee durante toda a súa vida. Limpando o seu nome unha vez máis, axiña foi un achegado colaborador de Bonner.

Dee presentouse fronte á raíña María cun visionario plan de preservación de libros antigos, manuscritos, arquivos e a fundación dunha biblioteca nacional, no 1556, mais a proposta non foi aceptada. En cambio, ampliou a súa biblioteca persoal na súa casa de Mortlake, adquirindo de manera incansable libros e manuscritos en Inglaterra e no continente europeo. A biblioteca de Dee, un centro de aprendizaxe fora das universidades, chegou a ser a máis grande de Inglaterra e atraeu a moitos estudosos a ela.[9]

Glifo de Dee, expón o seu significado en A mónada xeroglífica

Cando Isabel chegou ao trono no ano 1558, Dee pasou a ser o seu conselleiro de confianza en asuntos astrolóxicos e científicos, dándolle o poder de escoller o día da súa coroación. Dende a década do 1550 ata a de 1570, serviu como conselleiro nas viaxes de descubrimento inglés, proporcionando asistencia técnica en navegación e apoio ideolóxico na creación dun Imperio británico, termo que foi o primeiro en darlle uso.[10] Dee escribiu unha carta a William Cecil, primeiro barón de Burghley en outubro do 1574 na procura de mecenado. Afirmou ter coñecemento oculto do tesouro de Welsh Marches, e de valiosos antigos manuscritos gargados en Wigmore Castle, sabendo que os antepasados do Lord Treasurer viñan desta área. No 1577, Dee publicou General and Rare Memorials pertayninh to the Perfect Art of Navigation, unha obra que postulaba a súa visión dun imperio marítimo e deixaba ver as demandas territoriais inglesas no novo mundo. Dee foi presentado a Humphrey Gilbert, próximo a Sir Philip Sidney e ao seu círculo.

No 1564, Dee escribiu a obra hermética Monas Hieroglyphica (A mónada xeroglífica), unha exhaustiva interpretación cabalística dun glifo do seu propio deseño, tentando así expresar a unidade mística de toda creación. Viaxou a Hungría a presentar persoalmente unha copia a Maximiliano II de Habsburgo. Esta obra foi moi apreciada por moitos dos contemporáneos de Dee, mais a perda da tradición oral secreta do contorno de Dee entorpece na actualidade o traballo de interpretación. Nunha edición da popular serie de televisión QI proxectada inicialmente na canle da BBC1 o 2 de abril de 2010, o anfitrión Stephen Fry declarou que o código '007' usado para referirse ao personaxe de James Bond derivou deste glifo.

Publicou no 1570 un Prefacio matemático á tradución inglesa de Henry Billingsley dos Elementos de Euclides, argumentando a importancia central das matemáticas e bosquexando a influencia destas nas outras artes e ciencias.[11] Destinado a un público fóra das universidades, resultou ser a obra de Dee máis influente e amplamente reproducida.[12]

  1. R. Julian Roberts, ‘Dee, John (1527–1609)’, Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, Sept 2004; online edn, May 2006
  2. Canny (2001), p. 62
  3. Segundo os estudosos Frances Yates e Peter French
  4. Venn, J. & J. A. (1922–1958). «John Dee» (10 volumes). Alumni Cantabrigienses. Cambridge University Press. Arquivado dende o orixinal o 9 de outubro do 2012. Consultado o 18 de xuño do 2010.
  5. Gerolamo Cardano (trans. by Jean Stoner) (2002). De Vita Propria (The Book of My Life). Nova York: New York Review of Books. VIII.
  6. Fell Smith, Charlotte (1909). John Dee: 1527–1608 Arquivado 26 de marzo de 2009 en Wayback Machine.. Londres: Constable and Company
  7. Julian Roberts, ed. (2005). «A John Dee Chronology, 1509–1609». RENAISSANCE MAN: The Reconstructed Libraries of European Scholars: 1450–1700 Series One: The Books and Manuscripts of John Dee, 1527–1608. Adam Matthew Publications. Arquivado do orixinal o 2 de marzo de 2006. Consultado o 27 de outubro do 2006.
  8. «Mortlake». The Environs of London: County of Surrey 1: 364-88. 1792. Consultado o 27 de outubro do 2006.
  9. «Books owned by John Dee». St. John's College, Cambridge. Consultado o 26 de outubro de 2006.
  10. Ken MacMillan (2001-04). «Discourse on history, geography, and law: John Dee and the limits of the British empire, 1576–80». Canadian Journal of History. Arquivado dende o orixinal Arquivado 13 de maio de 2020 en Wayback Machine. o 4 de novembro de 2012. Consultado o 18 de xuño de 2010.
  11. "John Dee (1527-1608): Alchemy - the Beginings of Chemistry" (PDF). Museum of Science and Industry in Manchester (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2006. Archived from the original on 28 de setembro de 2006. Consultado o 7-7-2019. 
  12. Johnston, Stephen. "The identity of the mathematical practitioner in 16th-century England". Museum of the History of Science, Oxford (en inglés). Consultado o 7-7-2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Canny, Nicholas (2001). The Oxford History of the British Empire (en inglés). (Vol. I: The Origins of Empire). Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0199246762. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]