Saltar ao contido

John Chadwick

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Chadwick
Biografía
Nacemento21 de maio de 1920 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte24 de novembro de 1998 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Hertfordshire, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónCorpus Christi College
St Paul's School (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística, mycenology (en) Traducir e Filoloxía clásica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Cambridge Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmykenologist (en) Traducir, profesor universitario, filólogo clásico, erudito clásico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enLingüística Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoRichard Janko (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1147542 Dialnet: 2587648

John Chadwick, nado en Londres o 21 de maio de 1920 e finado o 24 de novembro de 1998, foi un lingüista e erudito clásico inglés, famoso pola súa contribución ao desciframento do Lineal B xunto con Michael Ventris.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Londres e estudou na St Paul's School e no Corpus Christi College, Cambridge servindo como oficial na Armada Real durante a segunda guerra mundial.

Despois da guerra casou e traballou no equipo do Oxford Classical Dictionary e obtivo un lectorado en clásicas en Cambridge desde 1952. Ese mesmo ano empezou a traballar con Ventris no progresivo desciframento do Lineal B, redactando os dous Documents in Mycenean Greek en 1956 tras un controvertido primeiro artigo tres anos antes. Os coñecementos filolóxicos de Chadwick foron aplicados á teoría inicial de Ventris de que o lineal B era unha forma arcaica de grego e non outra lingua mediterránea.

Despois da morte de Ventris Chadwick converteuse na única figura que traballaba no lineal B, escribindo o popular libro The Decipherment of Linear B en 1958 e revisando Documents in Mycenean Greek en 1978.

Retirouse en 1984. Pero continuou cos seus traballos ata a súa morte, como membro activo de distintas prestixiosas sociedades internacionais e escribindo numerosos artigos de divulgación e académicos.

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outrso artigos

[editar | editar a fonte]