Joaquín Villa García
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 4 de xuño de 1961 (63 anos) Mieres, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1980 - 1994 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Joaquín Villa García, nado en Mieres o 4 de xuño de 1961, é un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debutou na tempada 1983–84 en Primeira División co Sporting de Gijón, no partido correspondente á sétima xornada, o 16 de outubro de 1983, que enfrontou ao Sporting co Atlético de Madrid e que rematou con vitoria local (2–0). No club xixonés permaneceu a maior parte da súa carreira futbolística, xogando até a tempada 1989–90, todas en Primeira División.
Na tempada 1985–86 foi cedido ao CE Sabadell, de Segunda División, co que logrou o ascenso á Primeira.
Na tempada 1990–91 foi contratado polo Deportivo da Coruña, debutando o 2 de setembro de 1990 no primeiro partido da campaña, que se saldou con vitoria branquiazul sobre o Elche CF, en Riazor (2–0). Esa mesma campaña ascendeu co club galego á Primeira División, permanecendo no club coruñés até a tempada 1992–93.
Na tempada 1993–94 fichou polo CD Castellón, club de Segunda División no que non chegou a xogar ningún partido.