Saltar ao contido

Jeremy Zucker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJeremy Zucker

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1996 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Franklin Lakes, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónColorado College (en) Traducir
Ramapo High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautor, cantante, compositor de cancións Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2015 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoRepublic Records Editar o valor en Wikidata

Sitio webjeremyzuckermusic.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm11163243 Facebook: jeremyzuckermusic Twitter: jeremyzucker Instagram: jeremyzucker Youtube: UCNwwzAlMbHAJUNoJe0h3nBw TikTok: jeremyzucker Souncloud: jeremyzucker Spotify: 3gIRvgZssIb9aiirIg0nI3 iTunes: 1049356910 Last fm: Jeremy+Zucker Musicbrainz: e116e0be-c371-4d57-bc09-e2d762d82540 Songkick: 8846379 Discogs: 5708379 Allmusic: mn0003632715 Deezer: 9328498 Genius: Jeremy-zucker Editar o valor en Wikidata

Jeremy Zucker, nado en Franklin Lakes (Nova Jersey) o 3 de marzo de 1996, é un cantante e compositor estadounidense, coñecido polas súas cancións All the kids are depressed e Comethru, que acumularon máis de 300 millóns de reproducións en Spotify o 12 de abril de 2020.[1] O seu estilo musical defínese como unha mestura entre a indietrónica e o hip hop, aínda que el mesmo explica que se trata dunha música socialmente introvertida.[1][2]

En 2015, a súa canción titulada Bout it, xunto con Daniel James e Benjamin O, tivo millóns de reproducións en diferentes plataformas musicais. Tamén colaborou con outros artistas como Blackbear, Bea Miller e Chelsea Cutler.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Franklin Lakes, Nova Jersey, e estudou en Ramapo High School.[3] Tamén estudou bioloxía molecular en Colorado College, onde se graduou en 2018.[4] Comezou a tocar a guitarra e o piano a temperá idade e pouco despois a escribir cancións na súa propia habitación.[5]

Antes de producir a súa música, o seu primeiro traballo foi como instrutor de snowboard e que logo pasou a ensinar esquí a nenos de catro anos.[4]

Tras o lanzamento do seu sinxelo Bout it, presentou en agosto de 2015 o seu primeiro EP titulado Beach Island. Seguiulle unha rápida sucesión de sinxelos que recolleu nun novo EP chamado Breathe a finais dese mesmo ano. A mediados de 2016 Jeremy Zucker lanzou o seu terceiro EP; Motions asinado baixo a discográfica que cofundó con Daniel James e Benjamin O chamada 3OAK Music e que, posteriormente, foi relanzado en 2017.[1][6] Este novo EP incluía oito cancións novas, entre elas, Heavy, que foi usada nun remix do artista Blackbear na súa canción Make Daddy Proud.

En 2017, como moitas das súas cancións conseguiran miles de reproducións en Soundcloud e Spotify, asinou un contrato coa discográfica Republic Records. Ese mesmo ano, chegou a colaboración entre Zucker e Blackbear coa canción Talk Is Overrated, dentro da súa EP titulado Ídelle lanzado ese ano.

En febreiro de 2018, Zucker lanzou un novo EP titulado Stripped e, en maio, outro máis chamado Glisten. En setembro lanzou o seguinte EP titulado Summer, que contén a súa canción máis famosa, comethru. Esta canción é unha resposta a como sentía o cantante tras graduarse na Universidade e volver a Nova Jersey, na mesma casa onde creceu.[7]

A principios de 2019 chegou Brent, un EP en colaboración con Chelsea Cutler.[1] O 26 de xullo, lanzou o sinxelo Oh, Mexico, que encabezaría o seu álbum debut titulado Love Is Not Dying, escrito e producido enteiramente por el.[2] O segundo sinxelo deste disco titúlase always i'll care que saíu o 7 de febreiro de 2020 xunto co videoclip musical en Youtube.[8] O terceiro sinxelo foi lanzado o 28 de febreiro e titúlase not ur friend e o cuarto o 24 de marzo, chamado julia. Finalmente, anunciou en Instagram a data de lanzamento do disco completo, o 17 de abril de 2020.

Influencias

[editar | editar a fonte]

Zucker explicou que Blink-182 é unha das súas grandes influencias, a que lle fixo querer dedicarse á música.[4] Tamén falou de Jon Bellion, Blackbear, Eden, Bon Iver, Mac Miller, entre outros.[1][9]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Love Is Not Dying (2020)[2][9]
  • Beach Island (2015)
  • Breathe (2015)
  • Motions (2016-2017)
  • ídelle (2017)
  • stripped. (2018)
  • glisten (2018)
  • summer, (2018)
  • brent (2019)
  • brent ii (2021)
  • Melody (2015)
  • Flying Kites (2015)
  • Bout it (con Daniel James e Benjamin 0) (2015)
  • Peace Sings (2016)
  • Weakness (2016)
  • Paradise (con Cisco the Nomad) (2016)
  • When You Wake Up (2016)
  • Upside Down (con Daniel James) (2016)
  • Idk Love (2017)
  • All the kids are depressed (2018)
  • comethru (2018)
  • You were good to me (con Chelsea Cutler) (2019)
  • Oh, Mexico (2019)
  • Always, i'll care (2020)
  • Not ur friend (2020)
  • julia (2020)

Remesturas

[editar | editar a fonte]
  • Atoms - Said the Sky Remix (con RL Grime e Said The Sky)(2018)
  • Talk Is Overrated[manila killa remix] (con Blackbear e Manila Killa)(2018)
  • Better Off [filous Remix] (con Chelsea Cutler e filousa)(2018)
  • You Were Good to Me [shallou remix] (con Chelsea Cutler e Shallou)(2020)
  • 2019:
    • RIAA: ouro - comethru[10]
    • MC: platino - comethru[11]
  • 2020:
    • RIAA: ouro - all the kids are depressed[10]
    • MC: ouro - all the kids are depressed[11]
    • RIAA: ouro - you were good to me[10]
  • Tour is overrated (2017)
  • Jeremy Zucker suporting Lauv (2017)
  • Jeremy Zucker, fall 2018 tour (2018)
  • Jeremy Zucker, Europe 2019 winter tour (2019)
  • Jeremy Zucker, Asia 2019 tour (2019)
  • Jeremy Zucker, live in 2020 us & European tour (2020)
  • Jeremy Zucker, live in 2020 supporting Lauv Australia and New Zealand (2020)
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Jeremy Zucker | Biography & History" (en inglés). Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Jeremy Zucker" (en inglés). 16 de outubro de 2017. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  3. "Ramapo Student Inspires Giving at Paterson School" (en inglés). 7 de xaneiro de 2013. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Jeremy Zucker Interview: On 'all the kids are depressed' Video & First Headlining Tour". 8 de xuño de 2018. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  5. "MEET: Jeremy Zucker, the SoundCloud singer & producer turned superstar" (en inglés). 17 de xaneiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2020. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  6. Staff, Songtrust. "Songtrust Spotlight: Jeremy Zucker" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2020. Consultado o 12 de abril de 2020. 
  7. "Premiere: Jeremy Zucker's "comethru" Is an Ode to His Transitional Summer" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2023. Consultado o 7 de abril de 2020. 
  8. August, Jimmy (27 de febreiro de 2020). "JEREMY ZUCKER RETURNS WITH NEW SONG "always, i'll care" | RadioFacts" (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2020. 
  9. 9,0 9,1 "A conversation with singer-songwriter Jeremy Zucker on music, mental health, and more" (en birmano). Consultado o 12 de abril de 2020. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "Gold & Platinum" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2020. 
  11. 11,0 11,1 "Gold/Platinum" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2020.