Jens Stoltenberg
Jens Stoltenberg, nado o 16 de marzo de 1959, é un economista e político noruegués, que foi primeiro ministro de Noruega e dúas ocasións e antigo líder do Partido dos Traballadores Noruegueses. Designado como secretario xeral da OTAN a partir do 1 de outubro de 2014.
Carreira
[editar | editar a fonte]O seu pai, Thorvald Stoltenberg, é un dos políticos máis prominentes de Noruega, chagando ocupar o cargo Ministro de Asuntos Exteriores de Noruega. A súa nai, Karin Stoltenberg tamén foi ministra. Jens Stoltenberg foi educado na Universidade de Oslo.
Durante o seu primeiro mandato como primeiro ministro (2001 a 2002) foi polémico dentro do seu propio partido, xa que privatizou varias empresas estatais. Nas eleccións parlamentarias do 10 de setembro de 2001 o partido sufriu un dos seus peores resultados: 24% dos votos. Nas eleccións parlamentarias de 2005, o partido gañou as eleccións, logo dunha coalición co Partido Socialista de Esquerda e o Partido Centro. O segundo mandato de Stoltenberg como primeiro ministro comezou o 17 de outubro de 2005. Está casado con Ingrid Schulerud e ten dous fillos.
O 22 de xullo de 2011, estoupou unha ou varias bombas na rúa onde están as oficinas do primeiro ministro, matando polo menos a sete persoas e ferindo a outras. Stoltenberg non estaba no seu despacho no momento dos estoupidos. Unhas horas máis tarde, un home armado e vestido de policía matou a 84 persoas en Utøya, unha illa a uns corenta quilómetros de Oslo onde se celebraba o acampamento anual das mocidades do Partido dos Traballadores Noruegueses. A policía detivo ao home que realizou os disparos, un cidadán noruegués de 32 anos de ideoloxía ultradereitista e islamófoba.[1]
Predecesor: Kjell Magne Bondevik |
Primeiro ministro de Noruega 2000 - 2001 |
Sucesor: Kjell Magne Bondevik |
Predecesor: Kjell Magne Bondevik |
Primeiro Ministro de Noruega 2005 - 2013 |
Sucesor: Erna Solberg |
Predecesor: Anders Fogh Rasmussen |
Secretario xeral da OTAN 2014 - |
Sucesor: no cargo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 23 de xullo de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía en Fundación CIDOB Arquivado 30 de marzo de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)