Saltar ao contido

Jan Martyniak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJan Martyniak

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xuño de 1939 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Spas, Ucraína (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arcebispo católico
24 de maio de 1996 – 7 de novembro de 2015
← Ivan KhomaEugeniusz Popowicz →
Bispo diocesano
16 de xaneiro de 1991 –
← Ivan Khoma
Bispo auxiliar
20 de xullo de 1989 –
Bispo titular
20 de xullo de 1989 –
Bispo Católico Grego Ucraniano (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica bizantina ucraína Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1989–), sacerdote católico (1964–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónMyroslav Ivan Liubachivskyi Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Jan Martyniak, nado en Spas (rexión de Lviv, Ucraína) o 20 de xuño de 1939,[1] é un eclesiástico grecocatólico polaco, arcebispo de Przemyśl-Varsovia entre 1996 e 2015.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O 29 de xuño de 1964 foi ordenado sacerdote por Bolesław Kominek, logo de graduarse no Seminario Teolóxico de Varsovia.[1]

En 1981 Józef Glemp creou dúas vigairías para a atención pastoral dos grecocatólicos en Polonia, xa que as autoridades non permitían que tiveran circunscricións diocesanas propias. O relixioso basiliano Yosafat Romanyk foi nomeado vigairo do norte, e Jan Martyniak foi nomeado vigairo do sur do país.[1][2]

O 20 de xullo de 1989 foi nomeado bispo auxiliar de Przemyśl, Sambor e Sanok, e bispo titular de Vardimissa.[1][2] Recibiu a consagración episcopal o 16 de setembro do mesmo ano, de mans do arcebispo maior de Lviv Myroslav Ivan Liubachivskyi.

O 16 de xaneiro de 1991 foi nomeado bispo de Przemyśl,[1][2] dándose unha situación estremadamente rara ao ser aínda titular da sé Ivan Khoma, quen no exilio fora consagrado bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok por Yosyf Slipyi en 1977, e quen residía en Roma. A situación solucionouse coa renuncia de Khoma o 16 de xuño do mesmo ano.

O 24 de maio de 1996, coa elevación e reorganización da sé, foi nomeado arcebispo metropolita de Przemyśl-Varsovia. Retirouse do cargo o 7 de novembro de 2015.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Kubiiovych, Volodymyr; Huzar-Struk, Danylo, eds. (1993). Encyclopedia of Ukraine (en inglés) 3. University of Toronto Press. p. 325. ISBN 9780802033628. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Stępień, Stanisław (2008). "Historical and Contemporary Overviews: Poland". En Mahieu, Stéphanie; Naumescu, Vlad. Churches In-between: Greek-Catholic Churches in Postsocialist Europe (en inglés). LIT Verlag Münster. pp. 88-90. ISBN 9783825899103. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Ivan Khoma
 Bispo de Przemyśl 
1991 - 1996
Sucesor:
(elevación da sé)
Predecesor:
(elevación da sé)
 Metropolita de Przemyśl-Varsovia 
1996 - 2015
Sucesor:
Eugeniusz Popowicz