Ivars Godmanis
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1951 (73 anos) Riga, Letonia |
Eurodeputado | |
Representa: Latvia's First Party/Latvian Way (en) 14 de xullo de 2009 – 30 de xuño de 2014 Lexislatura: VII lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: Latvia (en) Electo en: Eleccións ao Parlamento Europeo de 2009 | |
Deputy of Saeima (en) | |
26 de marzo de 2009 – 16 de xullo de 2009 Lexislatura: 9th Saeima (en) | |
Primeiro-ministro da Letónia (pt) | |
20 de decembro de 2007 – 12 de marzo de 2009 ← Aigars Kalvītis – Valdis Dombrovskis (pt) → | |
Deputy of Saeima (en) | |
7 de novembro de 2006 – 16 de novembro de 2006 Lexislatura: 9th Saeima (en) | |
1º Primeiro-ministro da Letónia (pt) | |
7 de maio de 1990 – 3 de agosto de 1993 ← Vilnis Edvīns Bresis (mul) – Valdis Birkavs → | |
Deputy of Saeima (en) | |
Lexislatura: 7th Saeima (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade da Letônia (pt) Riga State Gymnasium No.1 (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas Riga |
Ocupación | político, físico |
Empregador | Universidade da Letônia (pt) |
Partido político | Latvian Way (en) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Lentapedia |
Ivars Godmanis, nado en Riga en 27 de novembro de 1951, é un político de Letonia. Foi o primeiro Primeiro Ministro de Letonia trala independencia do país da Unión Soviética, en decembro de 2007 volveu ser elixido Primeiro Ministro por segunda vez.[1]
Estudou na facultade de física e química da Universidade de Letonia e participou no movemento nacionalista letón impulsando o Fronte Popular Letón, partido que aglutinaba a maioría de forzas nacionalistas.
Godmanis, elixido nas eleccións do 18 de marzo de 1990, serviu como primeiro ministro no período de 1990 a 1993, o seu principal reto foi dirixir a difícil transición económica de Letonia desde o comunismo ao capitalismo. Nos comicios de 1993 obtivo unha estrepitosa derrota e retirouse da vida política.
A súa volta do sector privado produciuse en 1998, ano en que ingresou no partido Camiño de Letonia, escisión da Fronte Popular e exerceu o cargo de Ministro de Finanzas ata 1999.
Nas eleccións de 2002 o seu partido perdeu a representación parlamentaria sendo nomeado presidente deste dous anos despois. En novembro de 2006, tralas eleccións que posibilitaron a volta do Partido Camiño de Letonia ao Saeima, Godmanis fíxose cargo do ministerio do interior e o 14 de decembro de 2007, foi nomeado polo Presidente Valdis Zatlers primeiro ministro tras a dimisión de Aigars Kalvītis. O seu nomeamento foi aprobado polo Parlamento o 20 de decembro, con 54 votos a favor e 43 contra.[2]
O 18 de xuño de 2008, Godmanis sufriu un accidente de tráfico, cando o seu coche oficial se encaixou cun microbús nas rúas de Riga.[3]
Como nota curiosa, moderou un programa radiofónico na emisora privada SWH, sobre a historia da música rock.
Predecesor: Vilnis-Edvīns Bresis RSS de Letonia |
Primeiro Ministro de Letonia 1990-1993 |
Sucesor: Valdis Birkavs |
Predecesor: Aigars Kalvītis |
Primeiro Ministro de Letonia 2007-actualidade |
Sucesor: No cargo |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Godmanis nominated for prime minister", The Baltic Times, 19 de decembro de 2007.
- ↑ "Latvia’s old coalition back in power". web.archive.org (publicado o 12/21/2007). 2009-02-25. Archived from the original on 25 de febreiro de 2009. Consultado o 2022-12-10.
- ↑ "Latvian PM Godmanis injures head in car crash". Reuters (en inglés). 2008-06-18. Consultado o 2022-12-10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de Ivars Godmanis Arquivado 01 de agosto de 2008 en Wayback Machine. en alemán, francés, inglés, letón e ruso.