Itzhak Ben-Zvi
Nome orixinal | (he) יצחק בן-צבי |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de novembro de 1884 Poltava, Ucraína (pt) |
Morte | 23 de abril de 1963 (78 anos) Xerusalén |
Lugar de sepultura | Monte dos Descansos (pt) |
2º Presidente de Israel | |
16 de decembro de 1952 – 23 de abril de 1963 ← Chaim Weizmann – Zalman Shazar (pt) → | |
Membro de Knesset | |
20 de agosto de 1951 – 8 de decembro de 1952 – Ya'akov Nitzani (pt) → Lexislatura: 2nd Knesset (en) | |
Membro de Knesset | |
14 de febreiro de 1949 – 20 de agosto de 1951 Lexislatura: First Knesset (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Istanbul University Faculty of Law (en) (1912–1914) Universidade de Kiev (pt) (1905–1906) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Xerusalén |
Ocupación | político, escritor, historiador, Jewish communities scholar (en) |
Partido político | Mapai (pt) |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Rachel Yanait Ben-Zvi |
Fillos | Ali Ben-Zvi |
Irmáns | Aharon Reuveni |
Premios | |
Páxina web | ybz.org.il |
Itzhak Ben-Zvi (24 de novembro de 1884 - 23 de abril de 1963), foi un historiador e político israelí, líder do sionismo socialista e o segundo presidente de Israel.
Biografía
[editar | editar a fonte]Naceu en Poltava no Imperio Ruso, hoxe en Ucraína, Itzhak era o fillo máis vello de Zvi Shimshelevitz. Participou nas unidades de autodefensa que os xudeus organizaron en Ucraína para se defenderen durante os pogroms de 1905, militou no partido sionista marxista Poale Zion e foi delegado no Congreso Sionista de 1907 e alí coñeceu a Israel Shochat, delegado do seu partido na Terra de Israel e que o convenceu para se establecer alí. Instalouse en Iafa nese mesmo ano, no seu apartamento creouse ese 28 de setembro a organización clandestina "Bar-Giora", precursora da organización paramilitar Hashomer. En 1909 organizou xunto a Rachel Yanait o Instituto de Educación Secundaria de Xerusalén.
Entre 1912 e 1924 estudou no Galatasaray Lisesi de Istambul e máis tarde dereito na Universidade de Istambul, coincidindo con David Ben Gurion, futuro primeiro ministro de Israel. Ben-Zvi regresou con Ben Gurion a Palestina en agosto de 1914, pero as autoridades otomás expulsáronos en 1915. Estableceuse en Nova York onde estivo involucrado no movemento sionista e organizou unha sección do movemento xuvenil sionista HeHalutz. Xunto con Ben Gurion escribiu en 1918 en yiddish o libro ארץ ישראל אין פערגאנגינהייט און געגענווארט (Erets Yisroel in fergangenhayt un gegenvart) para promover a causa sionista entre os xudeus estadounidenses. Logo do seu retorno a Palestina nese ano casou con Rachel Yanait.
Carreira política
[editar | editar a fonte]Ben-Zvi serviu na Lexión Xudía xunto co seu amigo David Ben-Gurion ó final da primeira guerra mundial. En 1919 foi un dos fundadores do partido Ahdut HaAvoda e viuse envolto na Haganah. Posteriormente entrou a formar parte do concello de Xerusalén e do Consello Nacional, o goberno da comunidade xudía durante o mandato británico en Palestina. Segundo o profesor de ciencias políticas Shlomo Nakdimon Ben-Zvi ordenou o asasinato de Jacob Israël de Haan,[1] unha figura moi controvertida, antigo sionista que se convertera en voceiro dos haredi.[2]
Presidencia
[editar | editar a fonte]Ben-Zvi foi un dos asinantes da Declaración de Independencia o 14 de maio de 1948, foi membro do primeira e segundo Knesset representando o partido Mapai e foi presidente de Israel desde o 8 de decembro de 1952 ata a súa morte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Shlomo Nakdimon; Shaul Mayzlish (1985) דה האן : הרצח הפוליטי הראשון בארץ ישראל Deh Han : ha-retsah ha-politi ha-rishon be-Erets Yisraʼel. Tel Aviv: Modan Press.
- ↑ Neturei Karta
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Yitzhak Ben-Zvi no Ministerio de Asuntos Exteriores de Israel
Predecesor: Chaim Weizmann |
Presidente de Israel 1952 - 1963 |
Sucesor: Zalman Shazar |