Saltar ao contido

Inversión magnética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Recentes reversións xeomagneticas.

Unha inversión magnética, xeomagnética ou de polaridade é un cambio no fluxo e polos magnéticos terrestres, que ten como resultado un cambio na orientación do campo magnético terrestre tal que as posicións do polo norte e sur magnético intercámbianse.[1][2] Estes eventos, os cales duran de centos a miles de anos a miúdo implican un descenso prolongado da forza do campo magnético seguida por unha recuperación rápida despois de que a nova orientación estableceuse.

Por longos períodos, as inversións magnéticas parecen ocorrer cunha frecuencia de 1 a 5 eventos por millón de anos. Non obstante esta duración é altamente variable. Durante algúns períodos de tempo xeolóxicos, (ex. o Cretácio Longo Normal comprendido entre o Aptiano até o Santoniano), obsérvase que o campo magnético terrestre mantívose estable durante decenas de millóns de anos. Outros eventos semella que foron máis variables con non máis que unha inversión en 50 000 anos. A última inversión da que se ten dato foi o inversión magnética de Brunhes-Matuyama, aproximadamente fai 780 000 anos.

Os xeólogos decatáronse , xa nos primeiros anos do século XX, de que algunhas rochas volcánicas tiñan unha polaridade magnética oposta á actual. Hoxe en día existe acordo na comunidade científica en que o magnetismo das rochas é indicador fiable do campo magnético terrestre no pasado e das súas modificación.[3]

Moitos científicos cren que a inversión é un aspecto inherente da hipótese da dínamo, de como se xera o campo geomagnético.[1] En simulacións por computador, obsérvase que as liñas do campo magnético poden algunhas veces entrelazarse e mesmo desorganizarse polos movementos caóticos do metal líquido do núcleo externo.

Observando o campo magnético no pasado

[editar | editar a fonte]

As inversións pasadas do campo xeomagnético foron rexistradas en minerais ferromagnéticos e en depósitos de fluxos volcánicos. No entanto, o rexistro de pasadas inversións xeomagnéticas foi advertido primeiro ao observar as «anomalías» das bandas magnéticas no fondo do océano.[1] Dado que o fondo do mar esténdese cunha taxa máis ou menos constante, isto ten como resultado a aparición de anchas franxas, polo que os pasados cambios de polaridade do campo magnético poden ser evidentes ao observar os datos reunidos polo simple arrastre dun magnetómetro polo leito mariño. Con todo, debido á acción da tectónica de placas, o fondo mariño actual non ten máis de 180 millóns de anos de antigüidade, polo que é necesario o uso doutros métodos para detectar inversións máis antigas. A gran maioría das rochas sedimentarias incorporan pequenas cantidades de minerais enriquecidos con ferro, cuxa orientación é influída polo ambiente magnético baixo o cal se formaron.[1] Baixo condicións favorables, é así posible extraer información das variacións do campo magnético en moitas rochas sedimentarias. Con todo, os procesos diagenéticos -ao quedar sepultas- poden borrar a evidencia do campo magnético orixinal.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Agueda, J.; Anguita, F.; Araña, V.; López Ruiz, J. y Sánchez de la Torre, L. Geología (en castelán). Editorial Rueda, S.L. ISBN 84-7207-009-3. 
  2. inversión magnética Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales. Glosario de Geología (en castelán).
  3. Strahler, Arthur N. (1992). Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. pp. 272–4. ISBN 84-282-0770-4. 

Véxase tamén =

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Agueda, J.; Anguita, F.; Araña, V.; López Ruiz, J. y Sánchez de la Torre, L. Geología (en castelán). Editorial Rueda, S.L. pp. 75–6. ISBN 84-7207-009-3.