Instituto Argentino de Cultura Gallega
Instituto Argentino de Cultura Gallega | |
---|---|
Tipo | organización |
Data de fundación | 1969 |
Sede | Buenos Aires |
País | Arxentina |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Instituto Argentino de Cultura Gallega é unha entidade cultural galega de Buenos Aires.
Historia
[editar | editar a fonte]Creado en 1969 para continuar o labor da antiga Comisión de Cultura no Centro Gallego de Buenos Aires, que se ocupaba da difusión da cultura galega e a custodia do patrimonio cultural da institución. Durante un tempo xestionou a editorial Ediciones Galicia que publicou libros e discos. Entre os seus presidentes figurou Alfredo Baltar. En 1987 estaba presidido por Luis Sobreira González, sendo secretario Germán Quintela Novoa.[1]
O Instituto xestiona unha biblioteca, unha librería, un teatro e unha sala de exposicións, coida a colección de obras de arte e obxectos históricos do Centro Galego e os arquivos da actividade cultural. Organiza cursos e outras actividades.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 7-2-1987, p. 22.