Illas ABC, Alasca
Aparencia
Tipo | grupo de illas | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Arquipélago Alexander | |||
Localización | ||||
División administrativa | Alasca, Estados Unidos de América | |||
| ||||
As illas ABC é o nome coloquial para as illas de Alasca de Almirantado, Baranof, e Chichagof na parte norte do arquipélago Alexander, todas son parte do Bosque nacional de Tongass. As illas son coñecidas pola súa natureza silvestre, incluíndo unha densa poboación de osos pardos.[1]
A maior parte da superficie das illas está protexida polo goberno federal. A cidade de Sitka ten o seu centro urbano na costa oeste da illa de Baranof. Fóra de Sitka, nas illas soamente hai unha industria e presenza humanas mínimas, a pesar do feito de que o Almirantado (7ª), Baranof (10ª) e Chichagof (5ª) están entre as illas máis grandes dos Estados Unidos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Schoen, John W.; Gende, Scott (2016). "6 Brown Bear". En Smith, Melany. Ecological Atlas of Southeast Alaska (PDF). Audubon Alaska. pp. 160–163. Consultado o 10 de xuño de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illas ABC, Alasca |