Illa Sentinela do Norte
उत्तर सेंटीनेल द्वीप (hi) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | India | ||||
Territorios da Unión | Andaman e Nicobar | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 42 (2011) (0,7 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 59,67 km² | ||||
Medición | 10 () × 12 () km | ||||
Bañado por | Océano Índico | ||||
Altitude | 122 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
A illa Sentinela do Norte (en inglés: North Sentinel Island) é unha das illas Andaman da Baía de Bengala. Ó norte da illa atópase Andaman do Sur.[1] A meirande parte da illa é bosque.[2] É pequena, arredada dos principais asentamentos da Gran Andaman, arrodeada por arrecifes de corais, e carece de portos naturais.
Un grupo de indíxenas, os sentineleses, viven nesta illa. Estímase que a súa poboación está entre os 50 e os 400 individuos.[1] Os sentineleses rexeitan calquera contacto con outra xente, e están entre últimos pobos illados que non foron contactados pola civilización moderna.[3] A poboación enfróntase a ameazas potenciais como o contaxio de enfermidades infecciosas ás cales non teñen inmunidade, así como á violencia de intrusos. O goberno indio declarou a illa enteira, que ten o tamaño de Manhattan, e as augas que a rodean, como zona de exclusión.[4]
En novembro de 2018 foi asasinado un misioneiro estadounidense que se dirixía á illa coa intención de predicar o cristianismo entre os nativos.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Weber, George. The Andamanese, ed. "Chapter 8: The Tribes; Part 6. The Sentineli". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2013. Consultado o 24 de abril de 2016.
- ↑ Weber, George. The Andamanese, ed. "Chapter 2: They Call it Home". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2013. Consultado o 24 de abril de 2016.
- ↑ Goodheart, Adam (outono de 2000). American Scholar, ed. "The Last Island of the Savages". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2012. Consultado o 24 de abril de 2016.
- ↑ number23 (8 de maio de 2015). "The Island Tribe Hostile To Outsiders Face Survival Threat". AnonHQ.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015.
- ↑ "Un estadounidense es asesinado por aborígenes en Sentinel del Norte, la isla a la que India prohíbe entrar". El País (en castelán). 22 de novembro de 2018.