Illa King, Columbia Británica
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Columbia Británica, Canadá | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Características | ||||
Dimensións | 20 () × 100 () km | |||
Superficie | 808 km² | |||
A illa King (en lingua nuxalk: Nuxalknalus) é unha illa deshabitada na costa da provincia canadense da Columbia Británica. Está situada ao sur da canle Dean e ao redor de 20 km ao leste de Bella Bella. Outras illas separan a illa King do mar aberto na Enseada da Raíña Carlota.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]No idioma de Nuxalk o nome da illa é Nuxalknalus, "centro do Territorio Nuxalk".[1] O nome de illa King púxollo en 1793 George Vancouver, na honra do Capitán James King, baixo o cal Vancouver servira como gardamariña no Discovery durante a última parte da terceira viaxe de James Cook.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa King está separada do continente pola canle Dean ao norte, a canle Burke ao sur, e a canle Labouchere ao leste. A canle Fisher, esencialmente unha extensión da canle de Dean, separa a illa King de varias illas ao oeste, incluíndo a illa de Denny e a Illa Hunter. A canle Fisher e a canle Burke únense ao extremo sur da illa King, converténdose no estreito Fitz Hugh.
Ten unha superficie de 808 km², polo que é a sétima illa máis grande da Columbia Británica.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nuxalk Nation" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2 de novembro de 2000. Consultado o 1 de decembro de 2019.
- ↑ "King Island". Goberno da Columbia Británica (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2019.
- ↑ "The Atlas of Canada" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 4 de xuño de 2006. Consultado o 1 de decembro de 2019.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa King, Columbia Británica |