Illa Heard e Illas McDonald
(en) Heard Island and McDonald Islands | |||||
Tipo | territorio externo de Australia arquipélago patrimonio cultural natural | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
Continente | Antártida | ||||
División administrativa | Australia | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Índico | ||||
Composto por | Heard Island (en) Shag Island (en) Drury Rock (en) Flat Island (en) McDonald Islands (en) Meyer Rock (en) Sail Rock (en) | ||||
Características | |||||
Altitude | 2.745 m | ||||
Punto máis alto | Pico Mawson (pt) (2.745 m ) | ||||
Superficie | 368 km² Patrimonio da Humanidade: 658.903 ha | ||||
Inventario do Patrimonio Nacional de Australia | |||||
Data | 21 de maio de 2007 | ||||
Identificador | 105707 | ||||
Patrimonio da Humanidade | |||||
Tipo | Patrimonio natural → Asia-Oceanía insular | ||||
Data | 1997 (21ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (viii) e (ix) | ||||
Identificador | 577rev | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1833 | ||||
Sitio web | antarctica.gov.au… | ||||
As Illas Heard e McDonald son un conxunto de illas deshabitadas pertencentes a Australia desde 1947 no océano Índico.
A Illa Heard é montañosa, dominada polo Mawson Peak, un volcán dunha altura de 2.745. Con esta altura, o Mawson Peak eríxese como a montaña máis alta de Australia. A súa veciña, a Illa McDonald é pequena e rochosa. Ambas suman un total de 412 km² de superficie e sitúanse na Meseta de Kerguelen. O territorio inclúe a illa de Shag. Non posúen nin baías nin portos.
Estas illas son territorios australianos administrados desde Canberra pola División Australiana Antártica do Departamento Australiano do Medio. Actualmente son habitadas por unha gran cantidade de focas e aves, polo que foron declaradas Patrimonio Natural e son principalmente visitades con fins de investigación científica.
A pesar de non ter ningún tipo de actividade económica, asignóuselle o código internacional HM e o dominio de Internet .hm.
Historia
[editar | editar a fonte]Ata 1833, as illas non foron visitadas por expedicionarios, e probablemente nunca sexan habitadas por home algún. Peter Kemp, un mariño inglés, foi a primeira persoa en avistar a Illa Heard, o 27 de novembro de 1833 durante unha viaxe desde Kerguelen á Antártica
O Capitán nortamericano John Heard, no seu buque Oriental, divisou a illa o 25 de novembro de 1853 na súa ruta desde Boston a Melbourne. Reportou do seu descubrimento un mes máis tarde, polo que a illa foi bautizada co seu nome. Coincidentemente, o Capitán William McDonald, a bordo do Samarang descubriu a Illa McDonald próxima á Illa Heard o 4 de xaneiro de 1854.
Con todo, ninguén desembarcou nas illas ata 1855, cando mariños do Corinthian liderados polo Capitán Erasmus Darwin Rogers fixérono. Durante o período de caza de focas entre 1855 e 1880, un importante número de cazadores estadounidenses pasaban máis dun ano na illa, vivindo en paupérrimas condicións. Xa en 1880, a maior parte da poboación de mamíferos mariños desaparecera, polo que os cazadores abandonaron a illa. En resumo, máis de cen mil barrís de aceite de elefante mariño foi producido durante este período.
En 1997, as illas foron declaradas Patrimonio da Humanidade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Heard e Illas McDonald |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mapa da Illa Heard e Illas McDonald, incluíndo as principais características topográficas Arquivado 11 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.
- Páxina oficial da Illa Heard e Illas McDonald
- Lista de patrimonio mundial da Illa Heard e Illas McDonald
- "Illa Heard e Illas McDonald". The World Factbook (2024 ed.). Central Intelligence Agency.
- Illa Heard e Illas McDonald en Curlie (en inglés)
- Wikimedia Atlas de Heard Island and McDonald Islands.
- Galería de imaxes da Illa Heard e Illas McDonald Arquivado 26 de xuño de 2014 en Wayback Machine.
- MODIS satellite image, tomada o 30 de setembro de 2004 mostrando unha rúa de vórtices de von Kármán nas nubes, causada polo efecto do vento no Pico Mawson
- Páxina de Patrimonio da Humanidade da UNESCO