Igrexa ortodoxa búlgara
Aparencia
Igrexa ortodoxa búlgara | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 870 |
Motivo | Autocefalia concedida pola Igrexa de Constantinopla |
Goberno | |
Patriarca de toda Bulgaria | Neófito |
Demografía e cultura | |
Ritos litúrxicos | Bizantino |
Outros datos | |
Páxina web | www.bg-patriarshia.bg |
A Igrexa ortodoxa búlgara (en búlgaro: Българска православна църква, Bulgarska pravoslavna tsurkva), é unha das igrexas ortodoxas autocéfalas, en comuñón co resto da Igrexa ortodoxa. Ten arredor de 6,5 millóns de fieis en Bulgaria, aos que hai que engadir entre 1,5 e 2 millóns no estranxeiro; e é a máis antiga das igrexas ortodoxas eslavas, sendo recoñecida como independente pola Igrexa ortodoxa de Constantinopla en 927.
O primado da Igrexa é o patriarca de toda Bulgaria, o sétimo na orde de precedencia da Igrexa ortodoxa. O seu territorio abrangue Bulgaria, e ten tamén xurisdición sobre as dioceses búlgaras no estranxeiro.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en búlgaro).