Saltar ao contido

Igrexa católica siríaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa católica siríaca
ܥܕܬܐ ܣܘܪܝܝܬܐ ܩܬܘܠܝܩܝܬܐ
Historia
FundaciónSéculo I
FundadorTen como fundador ao apóstolo san Pedro. Separacións da Igrexa ortodoxa siríaca en 1662 (patriarca Ignacio André Akijan) e 1782 (patriarca Ignacio Miguel III Jarweh)
MotivoVolta á comuñón coa Igrexa católica
Separada deIgrexa ortodoxa siríaca
Parte deIgrexa católica
Goberno
Tipo de gobernoEpiscopal
PapaFrancisco
Patriarca de AntioquíaIgnacio Xosé I
Estrutura15 eparquías
AgrupaciónsCongregación para as Igrexas orientais
Clasificación
GrupoCatolicismo
OrientaciónCristianismo oriental
Demografía e cultura
Fieis158.000[1]
PaísesLíbano, Siria, Iraq, Estados Unidos, Canadá, Francia
Linguas litúrxicasSiríaco
Ritos litúrxicosAntioquense
Outros datos
Sede centralBeirut
Páxina websyr-cath.org

A Igrexa católica siríaca (en siríaco: ܥܕܬܐ ܣܘܪܝܝܬܐ ܩܬܘܠܝܩܝܬܐ, ʿīṯo suryaiṯo qaṯolīqaiṯo) é unha Igrexa particular oriental da Igrexa católica. Esta igrexa do Levante comparte ritos e prácticas coa Igrexa ortodoxa siríaca. O patriarca de Antioquía desta Igrexa ten o título de patriarca de Antioquía e todo o Oriente dos sirios[2] e reside en Beirut. O patriarca actual, dende 2009, é Ignacio Xosé III Iunan.

Notas e referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Datos do Annuario Pontificio (en inglés).
  2. O título de Patriarca de Antioquía tamén é empregado por outras catro igrexas.