Iain Banks
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de febreiro de 1954 Dunfermline, Reino Unido (pt) |
Morte | 9 de xuño de 2013 (59 anos) Kirkcaldy, Reino Unido (pt) |
Causa da morte | cancro da vesícula biliar (pt) |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Universidade de Stirling |
Actividade | |
Ocupación | escritor de ciencia ficción, escritor, novelista, filósofo |
Período de actividade | 1984 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Literatura de ciencia ficción e literatura de ficción |
Pseudónimo literario | Iain M. Banks |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | iain-banks.net |
Iain Menzies Banks, nado o 16 de febreiro de 1954 en Dunfermline e finado o 9 de xuño de 2013 en North Queensferry, foi un escritor escocés de novelas de literatura xeral baixo o pseudónimo de Iain Banks e de ficción científica como Iain M. Banks.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Seu pai foi un oficial no almirantado, e a súa nai foi nunha ocasión unha patinadora sobre xeo profesional. Sendo un neno a súa familia mudouse para a viliña de North Queensferry, na ribeira norte do estuario do Forth, onde se estableceu. Estudou o bacharelato en Greenock, no oeste do país, e posteriormente lingua inglesa, filosofía e psicoloxía na Universidade de Stirling.
Posteriormente mudouse a Londres, onde tivo distintos empregos que lle daban tempo de empezar a escribir. A súa primeira novela, The Wasp Factory, sobre os traumas dun mozo, rematouna con trinta anos e converteuse nun fulgurante éxito no mercado británico. A partir desta novela escribiu varias máis, de ficción contemporánea, mentres desenvolvía un alter ego, Iain M Banks, que á súa vez publicaba novelas de ciencia ficción. Moitos dos seus libros de ficción científica están baseados no universo de a Cultura (unha poderosa civilización de varias especies vivindo na nosa galaxia). A novela The State of the Art rexistra a chegada da Cultura ao planeta Terra.
Cando tivo éxito como novelista dedicouse profesionalmente á literatura, escribindo novelas en tres meses a ritmo intenso e descansando durante o resto do ano en North Queensferry.
Ideoloxía
[editar | editar a fonte]Banks era socialista, pro-laico e independentista escocés. Rexeitou o galardón da Orde do Imperio Británico. A finais de 2004 Banks foi membro destacado dun grupo británico, composto por políticos e figuras dos medios, que fixo unha campaña para acusar ao primeiro ministro, Tony Blair, de prevaricación trala invasión de Iraq en 2003. En protesta por esta invasión, rompeu o seu pasaporte e enviouno ao 10 de Downing Street.
É membro de honra da National Secular Society, unha asociación británica que promove o laicismo.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1992 cunha compañeira de traballo e permaneceu casado durante 25 anos. Nas últimas semanas da súa vida casou por segundo vez coa tamén escritora Adele Hartley, coa que levaba anos compartindo a vida.
En abril de 2013 anunciou que tiña un cancro de vesícula biliar e que lle quedaban poucos meses de vida. Faleceu nese mes de xuño.
Tiña unha gran colección de coches deportivos e de luxo, que acabou por vender enteira.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Ningunha das súas novelas foi traducida ao galego.
Como Iain Banks escribiu
[editar | editar a fonte]- The Wasp Factory, (1984)
- Walking on Glass, (1985)
- The Bridge, (1986)
- Espedair Street, (1987); adaptada para a radio (BBC) en 1998 (dirixida por Dave Batchelor)
- Canal Dreams, (1989)
- The Crow Road, (1992); adaptada para televisión (BBC) en 1996 (dirixida por Gavin Millar)
- Complicity, (1993); filmada no ano 2000 (Complicity, dir. Gavin Millar]]); a edición en vídeo nos Estadous Unidos titúlase Retribution
- Whit, (1995)
- A Song of Stone, (1997)
- The Business, (1999)
- Dead Air, (2002)
- The Steep Approach to Garbadale, (2007)
- Transition, (2009)
- Stonemouth, (2012)
- The Quarry, (2013), publicación póstuma.
Como Iain M. Banks
[editar | editar a fonte]En moitas das súas obras de ficción científica trata dunha gran organización pangaláctica chamada A Cultura, descrita con gran luxo de detalle:
- Pensade en Flebas (1987)
- O xogador (1988)
- The State of the Art (colección, 1989; non todas as historias tratan da Cultura)
- O uso das armas (1990)
- Excesión (1996)
- Inversions (1998) (fai referencia implicitamente a que os protagonistas son cidadáns da Cultura)
- Look to Windward (2000)
Outras novelas de ficción científica que non pertencen á serie da Cultura son:
- Against a Dark Background (1993)
- Feersum Endjinn (1994)
- The Algebraist (2004)
Relatos de ficción científica
[editar | editar a fonte]Banks escribe poucos relatos curtos, pero publicou un libro recompilatorio baixo o nome Iain M. Banks:
- The State of the Art (1989) contén tanto ficción científica como traballos menos catalogables de ficción.
Non ficción
[editar | editar a fonte]- Raw Spirit (2003) é un documental de viaxes por Escocia e as súas destilarías de whisky.
Banks é considerado en moitos círculos como o iniciador, coa súa serie da Cultura, da chamada nova space opera británica.
Citas
[editar | editar a fonte]Escribo porque me gusta, divírteme, adiquei a maior parte da miña vida a facelo mellor, e podo vivir diso: non hai nada como un día de traballo
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio da Asociación Británica de Ciencia Ficción por Feersum Endjinn e por 'Excession. Tamén foi nomeado a ese galardón por The Player of Games, por Inversions, e tamén por Use of Weapons
- Nomeado ao Premio Arthur C. Clarke por Use of Weapons
- Premio Kurd-Laßwitz á mellor Novela estranxeira por The Wasp Factory
- Segundo Premio Locus Poll por Matter, e nomeado por Against a Dark Background, por Transition, por Look to Windward, por The Algebraist e por Surface Detail.
- Premio Fantasía Británica por Excession}}
- Premio Italia de Ciencia Ficción á mellor novela internacional por Inversions}
- Premio Hugo por The Algebraist
- Premio Prometheus por Matter
- Finalista do Premio John W. Campbell por Transition
- Orde do Imperio Británico (rexeitouna).