Saltar ao contido

Hou Yifan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHou Yifan

(2012) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zh) 侯逸凡 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1994 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Xinghua, República Popular da China (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Beijing
High School Affiliated to Renmin University of China (en) Traducir
St Hilda's College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaRepública Popular da China Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Adestrado porYe Jiangchuan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Título de xadrecistaGran Mestra Feminina (2007)
Grande Mestre de Xadrez (pt) Traducir (2008) Editar o valor en Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.686 (2015)<
Identificador FIDE8602980 Editar o valor en Wikidata
Participou en
2016Women's Chess Olympiad 2016 (en) Traducir
2014Women's Chess Olympiad 2014 (en) Traducir
2012Women's Chess Olympiad 2012 (en) Traducir
2010Women's Chess Olympiad 2010 (en) Traducir
2010Jogos Asiáticos de 2010 (pt) Traducir
2008Women's Chess Olympiad 2008 (en) Traducir
2006Women's Chess Olympiad 2006 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: yifantradimo Editar o valor en Wikidata

Hou Yifan (chinés simplificado: 侯逸凡; pinyin: Hóu Yìfán), nada en Nanjing, Jiangsu o 27 de febreiro de 1994, é unha xogadora de xadrez chinesa e, desde setembro de 2015, número 1 - entre as xogadoras de xadrez en activo - na clasificación feminina da FIDE.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carreira no xadrez

[editar | editar a fonte]

Obtivo o título de Gran Mestra Feminina (WGM) en 2007.[2] Desde agosto de 2008, tamén ostenta o título de Gran Mestre de Xadrez.[3] (GM). Ao recibir o título, Hou converteuse na muller máis nova do mundo en obter o título de GM, clasificándose aos 14 anos, 6 meses e 2 días.[4]

Hou derrotou á súa compatriota Ruan Lufei, en Antioquía, Turquía, no Campionato do Mundo de Xadrez Feminino de 2010, facendose co título de campioa, sendo a máis nova da historia, tanto da categoría feminina como masculina.[5] Despois gañou o Campionato do Mundo Feminino de xadrez en 2011, 2013 e 2016, pero perdeu o título en 2017. No seu momento álxido, ocupou o posto 55 na lista de clasificación da FIDE de maio de 2015.[6]

Xunto a Vera Menchik, Nona Gaprindashvili, Maia Chiburdanidze e Judit Polgár, está considerada unha das mellores xogadoras de xadrez, e das poucas en superar os 2600 puntos ELO.[7]

Expresou a súa disconformidade co sistema de encontros para o Campionato mundial, e desde 2018, está "semixubilada" do xadrez profesional.

Desde 2020 é profesora na Universidade de Shenzhen.[8]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • WGM máis nova en recibir o título, superando a Koneru Humpy.
  • GM máis nova en recibir o título.
  • Persoa máis nova en gañar o Mundial de Xadrez.
  • Unha das 100 mulleres da lista da BBC de 2017.[9]
  • Docente máis nova en ter acadado ese cargo na Universidade de Shenzhen.
  1. "FIDE Online. FIDE Top players - Standard Top 100 Women January 2022". Consultado o 2022-01-11. 
  2. "Hou, Yifan". Consultado o 2022-01-11. 
  3. "Hou, Yifan". ratings.fide.com. Consultado o 2024-02-12. 
  4. "Hou Yifan – the youngest female grandmaster in history" (en inglés). 2008-12-08. Consultado o 2022-01-11. 
  5. "2010 Women's World Championship – Hou Yifan is world champion!" (en inglés). 2010-12-24. Consultado o 2022-01-11. 
  6. "Top 100 Players May 2015 FIDE Top players archive". Consultado o 2022-01-11. 
  7. Green (NathanielGreen), Nathaniel. "The Top 5 Best Female Chess Players of All Time" (en inglés). Consultado o 2022-01-11. 
  8. "Hou Yifan youngest-ever full professor at Shenzhen University" (en inglés). 2020-07-14. Consultado o 2022-01-11. 
  9. "#100Mulheres: BBC divulga lista anual das mulheres de destaque no mundo: quem são as 9 brasileiras na relação?". BBC News Brasil (en portugués). Consultado o 2022-12-17. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]