Horticultura
A horticultura é a ciencia, a arte, a tecnoloxía e os negocios involucrados na produción de hortalizas (é dicir, de plantas herbáceas) con destino ao consumo. Distínguese da pomoloxía ou fruticultura, é dicir, da produción e manexo de especies lígneas e semilígneas produtoras de froitas. Ambas as dúas disciplinas distínguense tanto no tipo de materiais empregados, de prácticas, de manexos e de requirimentos.
En Galicia impártese academicamente no Campus de Lugo, na Universidade de Santiago de Compostela no grao de Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A verba horticultura formouse tras a palabra agricultura, e provén etimoloxicamente das palabras latinas hortus (xardín [1], horta, planta) e cultūra ("cultivo" ou cultura), ", de cultus, o pasivo perfecto participio do verbo colō "Eu cultivo"[2]; é dicir «o cultivo nas hortas».
Hortus é un cognado coa palabra galega horta ou eido (co significado de terre ode cultivo asociado á casa) e tamén se relaciona coas palabras xardín, agro , cortiña , leira ou veiga.
Características
[editar | editar a fonte]Practícase dende un nivel individual dunha pequena horta ou pomar até as actividades dunha corporación multinacional. É moi diverso nas súas actividades, acollendo as plantas para a alimentación (froitas, verduras, cogomelos e herbas culinarias) e as non comestíbeis (flores, árbores e gamallos, céspedes, lúpulo, viticultura ou plantas medicinais). Tamén inclúe servizos relacionados na conservación das plantas, restauración da paisaxe, paisaxismo, deseño, construción e mantemento de xardíns, terapias hortícolas etc. Todos estes eidos de alimentación, medicinais, medioambientais e de produto se servizos sociais son fundamentalmente vencellados ao desenvolvemento e mantemento da saúde e benestar humano.[3]
A horticultura aplica o seu coñecemento e tecnoloxía ao cultivo intensivo de plantas para a alimentación humana e outros usos, para cubrir necesidades persoais e sociais. Esta ciencia envolve a propagación de plantas e o cultivo co ánimo de mellorar o desenvolvemento, rendemento, calidade, valor nutricional e resistencia e insectos, doenza se estrés medioambiental. Acolle a xardineiros, labregos, terapeutas, deseñadores e técnicos nos sectores da alimentación e os outros sectores relacionados.
Os científicos hortícolas focalízanse na investigación que sostén o coñecemento, as técnicas, a educación e o comercio hortícola. A ciencia hortícola abrangue toda sas ciencias puras- a matemática, a física, a química, a xeoloxía e maila bioloxía- así coma as ciencias asociadas e tecnoloxías que sustentan a horticultura, coma a fitopatoloxía (estudo das doenzas vexetais), a edafoloxía (estudo dos solos), a entomoloxía (estudo dos insectos) , a malherboloxía (estudo das herbas daniñas etc. Tamén inclúea s ciencias sociais, coma a educación, o comercio, a mercadotecnia, saúde e terapias que aumentan a contribución da horticultura á sociedade. A xardinaría tamén é parte da horticultura.
Os horticultores traballan na propagación das plantas, mellora das colleitas, fertilizantes das plantacións da plantas herbáceas. Os horticultores melloran o rendemento das colleitas, a súa calidade e o seu valor nutricional, a resistencia aos cambios ambientais. Emprégase a xenética como unha ferramenta fundamental no desenvolvemento de plantas que poidan sintetizar moléculas químicas para as empregar na loita de pragas ou pestes, doenzas e más herbas.
Áreas de estudo
[editar | editar a fonte]De acordo con algúns informes, a horticultura acolle dez áreas de estudo, que poden ser agrupadas en dúas seccións principais: ornamentais e comestíbeis:
- Arboricultura é o estudo, a selección, plantación, coidado e colla de árbores individuais, arbustos, vide se outras plantas lígneas perennes.
- Xestión de céspedes, inclúe todos os aspectos da produción e mantemento de céspedes para instalacións deportivas ou de lecer.
- Floricultura , inclúe a produción e a mercadotecnia de plantas e flores cortadas con fins ornamentais.
- Arquitectura da paisaxe, inclúe a produción, mercadotecnia e mantemento das especies paisaxísticas.
- Olericultura , inclúe a produción e mercado das hortalizas, sexan de folla, raíz, tubérculo ou froito.
- Pomoloxía ou fruticultura, inclúe a produción e mercado das froitas. Algúns só chaman pomoloxía á produción de pomos.
- Viticultura, inclúe a produción e mercadotecnia das videiras e das uvas.
- Enoloxía, inclúe todos os aspectos do viño, e da vinificación.
- Aromáticas, medicinais e perfumeiras inclúe a produción de plantas como o cantroxo, o romeu, a xarxa, o ourego etc.
- fisioloxía post-colleita, comprende o mantemento da calidade e prevención da degradación e perda das colleitas.
Nos países de fala hispana, o termo "Horticultura" designa o estudo e prácticas efectuadas nunha horta con especies herbáceas cuxo sino é a alimentación humana (hortalizas de folla ou de froito, por exemplo), mentres que a "fruticultura" designa o estudo e prácticas realizadas nunha horta establecida con especies lígneas e semilígneas (árbores e arbustos froiteiros produtores de froitas).
Industria
[editar | editar a fonte]Os horticultores poden traballar para a industria, o estado, ou institucións educativas. Son enxeñeiros agrícolas ou agrónomos, vendedores, propietarios de negocios polo miúdo, traballadores de campo en propagación de especies ou cultivadores especialistas nun determinado eido (froita, verduras, ornamentais, e céspede), inspectores de colleitas, conselleiros expertos na produción de colleitas, especialistas nun determinado cultivo, coidadores de plantas, científicos investigadores, e por suposto profesores.
En Galicia a horticultura dáse principalmente no Campus de Lugo no grao en Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural, da Universidade de Santiago de Compostela. Os cursos de ensino universitario que completan a Horticultura son : bioloxía, botánica, entomoloxía, química, matemática, xenética, fisioloxía, estatística, informática, e ciencia da comunicación. Os cursos de botánica e horticultura inclúen: materiais de plantas, propagación de plantas, cultivo de tecidos vexetais, produción de colleitas, manexo das colleitas, fertilización das plantas, polinización, adobo para a colleita, entomoloxía, fitopatoloxía, económicas, e mercadotecnia. Algunhas especialidades de ciencias hortícolas requiren dun "máster" (MS) o grao de post doutoramento (PhD).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Modelo:L&S
- ↑ Harper, Douglas. "horticulture". Online Etymology Dictionary.
- ↑ Doyle, O., Aldous, D., Barrett-Mold, H., Bijzet, Z., Darnell, R. Martin, B., McEvilly, G. and Stephenson R. 2012 Defining Horticulture, Horticulturist and Horticultural Scientist. Ad Hoc Committee for Global Horticulture Advocacy. Editor: Dr Owen Doyle University College Dublin Ireland. Feb. 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Tratado Práctico de Horticultura, M. Guedi, G. Sasias y C. Chesne, Ed. Omega (2011).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sociedad Argentina de Horticultura (en castelán)
- La huerta, abonos, hortalizas (en castelán)
- Revista sobre Horticultura (en castelán)
- Sociedad Internacional para las Ciencias Hortícolas Bélxica (en inglés)
- Colegio de Horticultura de Gales (en inglés)
- Nomes de plantas de cultivo e nomes comúns (en inglés)
- Recursos sobre a industria hortícola, tendencias e eventos (en inglés)