Saltar ao contido

Henk Norel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHenk Norel

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Gorinchem, Países Baixos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura210 cm Editar o valor en Wikidata
Peso104 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor en Wikidata -
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote e Pivote Editar o valor en Wikidata
Convocado porMinnesota Timberwolves Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2005–2012 Club Joventut de Badalona
2005–2007 cesión CB Prat
2007–2008 cesión CB Lucentum Alicante
2012–2017 Basket Zaragoza 2002
2017–2018 San Sebastián Gipuzkoa BC
2018–2019 Club Baloncesto Breogán
2019–2020 SPM Shoeters Den Bosch
2021–2021 SPM Shoeters Den Bosch
Participou en
2015Campionato europeo de baloncesto de 2015 Editar o valor en Wikidata

Henk Norel, nado o 17 de setembro de 1987 en Gorinchem (Holanda Meridional) é un ex xogador profesional de baloncesto internacional neerlandés que xogaba na posición de pivote. En 2009 foi escollido na segunda rolda do Draft da NBA polos Minnesota Timberwolves. Na temporada 2017−18 foi o xogador coa maior estatística de valoración da Liga ACB, así como elixido no mellor quinteto da competición.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Gorinchem (Holanda Meridional), Norel formouse durante os seus primeiros anos no SV Argon, situado na localidade de Mijdrecht (Utrecht). Con dezaseis anos, na temporada 2004−05, xoga para o equipo júnior dos Demon Astronauts, un club profesional da capital do país, Ámsterdam. Ao ano seguinte asina polo Joventut Badalona da Liga ACB, sendo cedido nas seguintes temporadas ao CB Prat (Liga EBA e LEB Prata) e ao Lucentum Alicante (LEB Ouro). A pesar das cesións, consegue xogar algún encontro na máxima categoría do baloncesto español. No ano 2009, xa de volta no Joventut, preséntase ao Draft da NBA, onde é escollido no posto 47 polos Minnesota Timberwolves, sendo o sétimo xogador neerlandés en conseguilo.

Xa na temporada 2008−09 Norel consegue entrar rotación de xogadores do Joventut para a ACB e a Euroliga. A súa primeira grande actuación son os 24 puntos (con 9 de 10 en tiros de 2 puntos) e 5 rebotes contra o Murcia na xornada 17.[2] Na temporada 2009−10 aumenta a súa participación no equipo, xogando unha media de 13 minutos por encontro, con 6 puntos e 2 rebotes por partido. Ese ano tamén debuta na Copa do Rei. Na temporada 2011−12 aumentas as súas prestacións até os 7 puntos e 5 rebotes por partido en 16 minutos de media.

Tras acabar a temporada asina un contrato por tres anos co CAI Zaragoza, outro equipo da ACB.[3] Na súa primeira temporada consegue mellorar de xeito considerábel os seus números, chegando a facer unha media de 13 puntos e 6 rebotes por partido, facendo en múltiples ocasións un dobre-dobre. De feito, a súa valoración media foi de 13,3 por partido, a quinta máis alta da Liga ACB. Con todo, unha lesión no xeonllo en maio de 2013 lévao a non xogar de novo até xaneiro de 2014. Tras a súa ecuperación fai unha media de 9 puntos e 6 rebotes por encontro até o final de temporada. Seguría facendo uns números semellantes até a súa marcha do club o 26 de xuño de 2016.

Despois de cinco temporadas en Zaragoza, o 4 de agosto de 2017 Norel asina contrato co RETAbet.es GBC.[4] No primeiro mes de competición recibe o Premio ao Mellor Xogador da ACB do mes, facendo actuacións como 24 puntos e 11 rebotes ante o Herbalife Gran Canaria, 25 puntos e 12 rebotes ante o Real Betis Energía Plus ou 21 puntos e 4 rebotes ante o Saski Baskonia. Aínda que acabou a temporada cunha lesión, fixo finalmente unha media de 14 puntos e 7 rebotes, cunha valoración media de 19, o que o levou a ser o xogador máis valorado da competición. Foi tamén incluído no quinteto ideal da liga. Tras acabara temporada, o 26 de xullo de 2018 o Cafés Candelas Breogán anuncia a súa fichaxe polas seguintes tres temporadas tras pagar a súa cláusula de rescisión.[5]

O 3 de agosto de 2020, Norel anunciou a súa retirada do baloncesto profesional con 32 anos.[6]

Internacional

[editar | editar a fonte]

Norel representou en competicións internacionis á selección absoluta dos Países Baixos. Tras xogar o Eurobasket de 2017, o 17 de maio de 2018 anunciou a súa retirada do equipo nacional para centrarse na súa carreira en clubs, xa que declarou que precisaba de tempo de recuperacións para seguir rendindo ao máximo nivel. Nun total de 11 anos, Norel disputou 79 partidos como internacional.[7]

  1. "Henk Norel, la bomba del Cafés Candelas Breogán". Liga ACB. 26 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2018. Consultado o 26 de xullo de 2018. 
  2. "DKV Joventut / Club Baloncesto Murcia". Liga ACB. 11 de xaneiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2016. Consultado o 27 de xullo de 2018. 
  3. "Holland - CAI Zaragoza to sign 3-year deal with Henk Norel". Mlbb.d11.gr. 20 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 27 de xullo de 2018. 
  4. "Henk Norel inks with Gipuzkoa". Sportando.com. 4 de agosto de 2017. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2017. Consultado o 27 de xullo de 2018. 
  5. "Henk Norel, carácter de MVP para o Cafés Candelas Breogán - CB Breogán". CBBreogan. 26 de xullo de 2018. 
  6. Henk Norel retires at 32: “I don’t want another knee surgery”
  7. "Henk Norel Beëindigt Interlandcarrière". Oranje Basketball. 17 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2018. Consultado o 27 de xullo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]