Helichrysum petiolare
Helichrysum petiolare | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Helichrysum petiolare | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Helichrysum petiolare' Hilliard & B.L.Burtt |
Helichrysum petiolare é unha planta da familia das asteráceas. É orixinaria de Suráfrica e usada polos sangomas para comunicar cos seus devanceiros.[1]
En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]Helichrysum petiolare é unha planta de Suráfrica de folla perenne, cunha gran follaxe; ten follas grises acorazonadas e talos cubertos de pelos brancos parecidos a unha arañeira. É un subarbusto sarmentoso que forma densos montículos de 60 cm, ou máis, de alto e 1,8 m, ou máis, de ancho, con talos novos que brotan dunha rede de rizomas. Está ben adaptado ao sol ou á sombra e ás condicións de seca. As flores que só dá ocasionalmente non son vistosas.
Usos
[editar | editar a fonte]Algúns cultivares como "Variegatum" que presenta un xaspeado de cor crema, danse mellor á sombra e é unha gran planta estival en xardíns de climas fríos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Helichrysum petiolare foi descrita por Hilliard & B.L.Burtt e publicada en Notes from the Royal Botanic Garden, Edinburgh 32(3): 357–358. 1973.[3]
Helichrysum: nome xenérico que deriva do grego antigo ἕλιξ helix = "retorto" e χρυσός crisós = "ouro".
petiolare: epíteto latíno que significa "con peciolos"[4]
- Helichrysum petiolatum (L.) DC.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2023. Consultado o 03 de agosto de 2023.
- ↑ Fichas identificativas de Especies exóticas invasoras
- ↑ "Helichrysum petiolare". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 17 de maio de 2014.
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ Helichrysum petiolare en The Plant List
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Helichrysum petiolare |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Helichrysum petiolare |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Flora of North America Editorial Committee, e. 2006. Magnoliophyta: Asteridae, part 6: Asteraceae, part 1. Fl. N. Amer. 19: i–xxiv, 1–579.
- Gibbs Russell, G. E., W. G. M. Welman, E. Retief, K. L. Immelman, G. Germishuizen, B. J. Pienaar, M. Van Wyk & A. Nicholas. 1987. List of species of southern African plants. Mem. Bot. Surv. S. Africa 2(1–2): 1–152(pt. 1), 1–270(pt. 2).