Saltar ao contido

Hank Williams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHank Williams

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Hiriam Williams Editar o valor en Wikidata
17 de setembro de 1923 Editar o valor en Wikidata
Mount Olive, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xaneiro de 1953 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Oak Hill, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesobredose
insuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaOakwood Annex Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesLuke the Drifter Editar o valor en Wikidata
RelixiónBaptismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónSidney Lanier High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautor, yodeler (en) Traducir, guitarrista, artista discográfico, country musician (en) Traducir, cantante, artista urbano, compositor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1937 Editar o valor en Wikidata - 1953 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica country, Blues, honky tonk (en) Traducir e honky-tonk (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoSterling Records (pt) Traducir
MGM Records Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalFred Rose: MGM Records (1946–1953) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeBillie Jean Jones (1952–1953)
Audrey Williams (1944–1954) Editar o valor en Wikidata
FillosHank Williams
 () Audrey Williams
Jett Williams, filla
 () Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webhankwilliams.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0930729 IBDB: 83091
Youtube: UCItZ684XgwPYsb3Gt7FdKxw BNE: XX1030185 Last fm: Hank+Williams Musicbrainz: 906bddec-bc73-49f8-ac1e-eaee691c6cf9 Songkick: 216928 Discogs: 256313 Allmusic: mn0000549797 WikiTree: Williams-27898 Find a Grave: 1109 Deezer: 8493 Editar o valor en Wikidata

Hiram "Hank" Williams, nado en Mount Olive (no condado de Butler, Alabama) o 17 de setembro de 1923 e finado en Oak Hill (Virxinia Occidental) o 1 de xaneiro de 1953, foi un cantautor estadounidense, considerado unha icona da música country e un dos músicos máis influentes do século XX.[1][2] Destacado intérprete de música honky tonk, na súa curta traxectoria gravou máis de 400 cancións e tivo numerosos éxitos que, xunto coas súas carismáticas interpretacións e composicións, lle proporcionaron unha gran fama.

Entre os pseudónimos que empregou están "Luke the drifter" ou "Ramblin' man".

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Williams naceu nunha cabana de madeira preto dunha estrada no condado de Butler, en Alabama. Naceu cun leve caso non diagnosticado de espina bífida oculta, trastorno da columna vertebral que lle causou dores toda a vida e foi un factor importante no seu posterior abuso do alcohol e as drogas.[3] Foi o terceiro e último fillo da familia, precedido por un irmán que morreu ao pouco de nacer e da súa irmá Irene.

En xullo de 1936, as familias Williams e McNeil abriron unha pensión no centro de Montgomery. Nese tempo, Williams decidiu cambiar o seu nome Hiram de xeito informal a Hank, que consideraba que era mellor para a súa arelada carreira na música country. Ao finalizar a escola e as fins de semana, Williams cantaba e tocaba a súa guitarra Silvertone na beirarrúa fronte aos estudios de radio WSFA. Captou axiña a atención dos produtores desa canle, que de cando en vez o invitaban a entrar para actuar en directo. Foron tantos os oíntes que lle pediron á estación de radio máis cancións do Singing Kid que os produtores o contrataron cos seus propios quince minutos, dúas veces á semana, por un salario semanal de quince dólares.

O seu éxito na radio propiciou que arrincase a súa carreira musical. O soldo foille suficiente para comezar cun grupo de seu, que chamou Drifting Cowboys. A entrada dos Estados Unidos na segunda guerra mundial supuxo o comezo de tempos difíciles para Williams, en parte debido a que os integrantes do seu conxunto se alistaron no exército.

A súa lenda creceu ao morrer con 29 anos no aninovo de 1953: o chofer que contratara para levalo de xira atopouno morto ao parar a botar gasolina en Oak Hill (Virxinia Occidental).

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

As súas cancións son consideradas como un dos piares sobre os que se construíu a música country contemporánea, e foi homenaxeado con versións das súas cancións dende o pop ou o rock.

En 2003 a revista Rolling Stone situouno no posto 74.º da súa lista "The Immortals" (Os inmortais).[4]

O seu fillo, Hank Williams Jr., a súa filla, Jett Williams, e os seus netos Hank Williams III e Holly Williams son tamén músicos profesionais.

Cancións

[editar | editar a fonte]

O número indica a posición que acadou nas listaxes de éxitos dos Estados Unidos:

  • "Never Again (Will I Knock on Your Door)" / (Sterling Records, 1946).
  • "Wealth Won't Save Your Soul" / "When God Comes and Gathers His Jewels" (1946).
  • "My Love for You (Has Turned to Hate)" / "I Don't Care (If Tomorrow Never Comes)" (1946).
  • "Pan American" / "Honky Tonkin'" (1946).
  • "Move It On Over" / "I Heard You Crying in Your Sleep" (MGM Records, 1946). #4.
  • "On the Banks of the Old Pontchartrain" / "Fly Trouble" (1946).
  • "My Sweet Love Ain't Around" / "Rootie Tootie" (1947).
  • "Honky Tonkin'" / "I'll Be a Bachelor 'Til I Die" (Sterling Records, 1947). #14.
  • "I'm a Long Gone Daddy" / "The Blues Come Around" (1947). #6.
  • "I Saw the Light" / "Six More Miles (To the Graveyard)" (1947).
  • "A Mansion on the Hill" / "I Can't Get You Off of My Mind" (1947).
  • "Lovesick Blues" / "Never Again (Will I Knock on Your Door)" (1948). #1. A cara B chegou ao #6.
  • "Wedding Bells" / "I've Just Told Mama Goodbye" (1948). #6.
  • "Mind Your Own Business" / "There'll Be No Teardrops Tonight" (1948). #5.
  • "You're Gonna Change (Or I'm Gonna Leave)" / "Lost Highway" (1948). #4.
  • "I'm So Lonesome I Could Cry" / "My Bucket's Got a Hole In It" (1948). #1. A cara B chegou ao #2. Reeditouse en 1965, alcanzando o #43.
  • "I Just Don't Like This Kind of Living" / "May You Never Be Alone" (1949). #5.
  • "Long Gone Lonesome Blues" / "My Son Calls Another Man Daddy" (1949). #1. A cara B chegou ao #9.
  • "Why Don't You Love Me?" / "A House Without Love" (1949). #1. Reeditouse en 1975, alcanzando o #61.
  • "Why Should We Try Anymore?" / "They'll Never Take Her Love from Me" (1949). #9. A cara B chegou ao #4.
  • "Moanin' the Blues" / "Nobody's Lonesome for Me" (1949). #1. A cara B chegou ao #9.
  • "Cold, Cold Heart" / "Dear John" (1950). A cara B chegou ao #6.
  • "I Can't Help It (If I'm Still in Love with You)" / "Howlin' at the Moon" (1950). #2. A cara B chegou ao #3.
  • "Hey Good Lookin'" / "My Heart Would Know" (1950). #1.
  • "(I Heard That) Lonesome Whistle" / "Crazy Heart" (1950). #9. A cara B chegou ao #2.
  • "Baby, We're Really in Love" / "I'd Still Want You" (1950). #4.
  • "Honky Tonk Blues" / "I'm Sorry for You, My Friend" (1951). #2.
  • "Half as Much" / "Let's Turn Back the Years" (1951). #2.
  • "Jambalaya (On the Bayou)" / "Window Shopping" (1951). #1.
  • "Settin' the Woods on Fire" / "You Win Again" (1952). #3. A cara B chegou ao #7.
  • "I'll Never Get Out of This World Alive" / "I Could Never Be Ashamed of You" (1952). #3.
  • "Kaw-Liga" / "Your Cheatin' Heart" (1952). #1. A cara B chegou ao #1.
  • "I Won't Be Home No More" / "Take These Chains from My Heart" (1952). #4. A cara B chegou ao #1.
  • "Weary Blues from Waitin'" (1952). #7. Sen cara B.
  • "Please Don't Let Me Love You" (1953. #9. Sen cara B.
  • "There's a Tear in My Beer" (1989). Gravación con Hank Williams Jr. #7.
  1. "Hank Williams". Sputnik Music. Consultado o 8 de setembro de 2014. 
  2. "I Saw the Light: Hank Williams' Sixty Years of Influence on American Music". The New School. Consultado o 8 de setembro de 2014 – vía YouTube. 
  3. Koon, George William 1983, p. 10.
  4. "The Immortals: The First Fifty" (en inglés). Rolling Stone. 24 de marzo de 2004. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2009. Consultado o 21 de abril de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]