HYLAS
Aparencia
HYLAS, acrónimo en inglés de Highly Adaptable Satellite (satélite altamente adaptábel), é un pequeno satélite de comunicacións xeostacionario lanzado polo Ariane 5 V198 dende o Centro Espacial de Kourou na Güiana Francesa. Proporcionará novos e innovadores servizos, incluídos a HDTV (televisión en alta definición) e servizos de banda larga. O satélite axudará a solucionar o problema de cobertura de banda larga en moitas partes de Europa que ten unha infrastrutura terrestre menos desenvolvida.