HAL Tejas
HAL Tejas | |
---|---|
Tipo | caza multirrol lixeiro |
Fabricante | Hindustan Aeronautics Limited |
Primeiro voo | 4 de xaneiro de 2001 |
Introducido | 17 de xaneiro de 2015 |
Estado | en servizo |
Produción | 2001 - presente |
Unidades construídas | 40 |
O HAL Tejas é un caza multirrol lixeiro indio con á delta deseñado por Aeronautical Development Agency (ADA) en colaboración co Aircraft Research and Design Centre (ARDC) de Hindustan Aeronautics Limited (HAL) para a Forza Aérea da India e a Armada da India.[1] Procede do programa Light Combat Aircraft (LCA), iniciado nos anos 80 para substituír os vellos cazas MiG-21 da India pero posteriormente formou parte dun programa xeral para a modernización da frota.[2][3] En 2003 o programa LCA pasou a chamarse oficialmente "Tejas".[4] É o avión máis pequeno da súa clase de avións contemporáneos de combate supersónicos.[5]
O Tejas é o segundo caza supersónico desenvolvido por HAL tras o HAL HF-24 Marut.[6] O Tejas logrou a autorización operativa inicial en 2011 e a final en 2019. O primeiro escuadrón de Tejas, o No. 45 Squadron IAF Flying Daggers, estivo operativo en 2016, substituíndo os seus MiG-21.[7]
No presente o Tejas ten tres modelos de produción, o Tejas Mark 1, o Mark 1A e unha variante de adestramento. A Forza Aérea da India ten un pedido por 40 Tejas Mark 1 e 83 Tejas Mark 1A, incluídos avións de adestramento. A Forza Aérea ten plans para mercar 324 avións de todas as variantes, incluído o Tejas Mark 2 que está desenvolvendo HAL.[8] Agárdase que o Tejas Mark 2 estea listo para a fabricación en serie cara 2026-27.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Indigenous Tejas joins IAF’s fighter squadron - The Hindu". web.archive.org. 2020-11-08. Archived from the original on 08 de novembro de 2020. Consultado o 2022-03-12.
- ↑ "Tejas to replace MiG as key fighter - The Hindu". web.archive.org. 2020-10-01. Archived from the original on 01 de outubro de 2020. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "Tejas not being inducted as replacement of MIG-21 fighter jet: Defence Ministry". www.timesnownews.com (en inglés). Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "Pokhran-II delayed Tejas project, says former scientist - The Hindu". web.archive.org. 2021-10-13. Archived from the original on 13 de outubro de 2021. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "LCA could be a good option for Argentine Air Force, says a source". Financialexpress (en inglés). Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "Fit to fly: The Tejas, first India-designed fighter jet". BBC News (en inglés). 2011-01-10. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ Rajkumar, Mike. "Deal for 83 Tejas fighters passes bureaucratic hurdle". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-03-13.
- ↑ Gady, Franz-Stefan. "Tejas Fighter Jets Participate in India’s Biggest Air Combat Exercise". thediplomat.com (en inglés). Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "HAL ready to export LCA-Tejas, Mark-2 getting ready - The Hindu". web.archive.org. 2021-09-02. Archived from the original on 02 de setembro de 2021. Consultado o 2022-03-13.