Gritos en el pasillo
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Gritos en el pasillo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Juanjo Ramírez; dirección artística: Raúl López Serrano |
Produtor | Alberto López Garrido e Manuel Cristóbal |
Guión | Juanjo Ramírez |
Música | Andrés De La Torre e Javier López Vila |
Estrea | 2006 |
Duración | 77 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Animación |
Na rede | |
http://www.gritosenelpasillo.es | |
Gritos en el pasillo é un filme de animación español do ano 2006, dirixido e escrito por Juanjo Ramírez.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Un prestixioso ilustrador de contos infantís é contratado polo director dun manicomio. A súa misión alí será decorar as paredes cos seus debuxos, para mellorar o ambiente do lugar. Parece un traballo sinxelo, pero as cousas complícanse cando o debuxante descobre un escuro corredor tras o que se escoitan uns berros arrepiantes.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Debuxante
[editar | editar a fonte]Prestixioso ilustrador de contos infantís. Reprimido dende a infancia, pois educouse nunha familia que consideraba os artistas xente inútil e desprezable. Iso converteu o noso protagonista nun tipo inseguro e influenciable, acostumado a cruzarse de brazos ante os problemas. Pero iso vai cambiar, debuxante. Porque os perigos que che rondan no interior do MANÍ-comio obrigarante a tomar unha decisión: Sobrevivir... ou caducar.
Enfermeiro xefe
[editar | editar a fonte]É a man dereira do director do MANÍ-comio. Sinistro, enigmático, tan inestable coma os caducados mentais que custodia. Caerlle mal é o peor que che pode ocorrer alí dentro. Mala sorte, amigo debuxante: Ti cáeslle mal. Moi mal...
Marita
[editar | editar a fonte]A caducada mental máis singular do MANÍ-comio. Compórtase coma unha nena, intentando fuxir dos horrores que a atormentan. É única para idear formas de facerse dano. Ri coma os anxos. Chora coma as almas en pena. É adorable. É irritable. Farache rir. Farache tremer. Quererás abrazala. Quererás asasinala...
Director do manicomio
[editar | editar a fonte]Probablemente o cacahuete máis vello do centro para caducados mentais. É a cara amable dese sinistro lugar. Diríxese ós seus con circunspección e bondade. Si, amigo debuxante. Este velliño podería ser o teu mellor aliado, de non ser por un pequeno detalle: cando lle contes o que che está pasando, non te crerá.
Herr Doctor
[editar | editar a fonte]¿Onde se refuxia un doutor nazi cando a súa patria perde a guerra? ¡No noso MANÍ-comio, por suposto! Impón a disciplina e a saúde mental cos procedementos máis extremos. Procedementos baseados na nosa mellor amiga: A electricidade.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial da película. Arquivado 02 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.