Glasvegas
Glasvegas | |
---|---|
Orixe | Glasgow, Escocia |
Período | 2003 - presente |
Xénero(s) | indie rock, shoegazing |
Selo(s) discográfico(s) | Columbia Records, BMG |
Membros | James Allan Rab Allan Paul Donoghue Jonna Löfgren |
Antigos membros | Caroline McKay Ryan Ross |
Na rede | |
http://www.glasvegas.net/ | |
Glasvegas é unha banda escocesa de indie rock procedente de Glasgow. O grupo está composto por James Allan (voces), Rab Allan (guitarra e coros), Paul Donoghue (baixo e coros) e Jonna Löfgren (batería). Glsvegas recibiu moi boas críticas co seu primeiro álbum, Glasvegas , editado en setembro do ano 2008, e que chegou ao número 2 da lista británica de álbums, sendo nomeado para os Mercury Music Prize un ano despois.
A revista NME declarou: "Se The Libertines definiron o comezo da década e Arctic Monkeys a súa metade, entón Glasvegas case con seguridade definirán o seu final e máis aló". Se álbum de estrea, Glasvegas (2008), colleitou éxito no Reino Unido, onde foi platino, e en Suecia, chegando a ser ouro. O impacto da banda no Reino Unido e o éxito do seu primeiro traballo non pasou desapercibido en Norteamérica, onde a banda estivo de xira seis veces entre outubro do 2008 ata setembro do 2009.
O 14 de decembro do 2010, a banda anunciou a contratación dunha nova batería, Jonna Löfgren. O segundo álbum da banda, Euphoric Heartbreak foi publicado o 4 de abril do ano 2011, acadando o número 10 no Reino Unido e o 1 en Suecia.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo | Observacións |
---|---|---|---|
Glasvegas | 2008 | Columbia Records | |
A Snowflake Fell (and It Felt Like a Kiss) | 2008 | Columbia Records | EP |
Euphoric Heartbreak | 2011 | Columbia Records | |
Later...When the TV Turns to Static | 2013 | BMG Records | |
Godspeed | 2021 | Go Wow |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)