Glabro
Glabro (do latín, glaber, pelado) é unha denominación dada a organismos, ou ás súas partes, que non presentan pelos, tricomas ou estruturas semellantes na súa superficie externa.
En botánica
[editar | editar a fonte]En botánica e micoloxía, glabro é un adxectivo usado para describir unha característica morfolóxica coma liso, brillante ou lustroso, non tendo pelo ningún ou glauco (véxase tamén o indumento). É unha das claves dicotómicas de identificación dos vexetais.
Na pel humana
[editar | editar a fonte]No corpo humano, a pel glabra é a pel sen pelo. Atópase nos dedos e dedas, nas palmas das mans e nas plantas dos pés, os beizos, nas pregaduras carnosas menores da vulva e no pene.
A Tinea corporis é unha micose que produce pel glabra nos individuos brancos.[1]
Hai catro tipos principais de mecanoreceptores na piel glabra dos seres humanos; Corpúsculos de Pacini, corpúsculos de Meissner, discos de Merkel, e corpúsculos de Ruffini.
O termo Acomoclitismo (do grego κομη = pelo, prefixo negativo α-, e κλιτικος = tendo unha preferencia, do κλινειν = inclinarse, κλιτυς = unha costa) é o termo técnico para unha preferencia por órganos xenitais sen pelo.[2] O adxectivo relacionado para describir a alguén con esta preferencia é o de acomoclítico.
Os atletas poden depilarse como resalte das súas capacidades. Por exemplo, os nadadores competitivos tanto varóns coma mulleres, tiran o pelo do corpo mailo pelo pubiano para axudar a adquirir aos seus corpos unha liña aerodinámica e permitir que os traxes de baño fiquen máis axustados ao corpo. Os ciclistas tamén quitan o pelo das pernas para facilitar a limpeza das feridas en caso de lesións. Ademais outros moitos deportistas, doutras disciplinas, depílanse para facilitar o labor do masaxista trala práctica deportiva, xa que as técnicas de masaxe se aplican máis facilmente sobre a pel depilada. Noutros moitos casos a depilación é só unha cuestión estética.
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Dermatologyinfo.net
- ↑ Urban Dictionary definition Also according to Google Search "Acomoclitic is the technical term for having a preference for hairless genitals" and similar statements are sourced to online pay-only medical journals.