Giorgio Chiellini
Giorgio Chiellini, nado en Pisa o 14 de agosto de 1984, é un futbolista italiano que xoga de defensa. Milita dende 2005 na Juventus da Serie A, equipo do que é o capitán e o terceiro xogador con máis partidos na súa historia, só por detrás de Alessandro Del Piero e Gianluigi Buffon. Gañou co club piemontés nove ligas italianas consecutivas, cinco Copas de Italia e cinco Supercopas de Italia, ademais de alcanzar dúas finais da Liga de Campións. Foi incluído cinco veces no Equipo do Ano na Serie A e gañou tres veces o premio ao Defensa do Ano na Serie A. En 2013 foi clasificado como sétimo mellor xogador do mundo por Bloomberg.[1]
É internacional coa selección nacional de Italia dende 2004, sumando 116 partidos coa camiseta azzurra, coa que disputou dúas Copas do Mundo e catro Eurocopas, e á que capitaneou na conquista da Eurocopa de 2020.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Messi and Ronaldo joined by Ribery in top three of new list of Europe's top 50 stars". Sky Sports. 12 de xuño de 2013. Consultado o 14 de xuño de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- Nados en 1984
- Nados en Pisa
- Futbolistas olímpicos de Italia
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Juventus FC
- Xogadores do AS Livorno
- Xogadores do ACF Fiorentina
- Xogadores da selección de fútbol de Italia
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2004
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004
- Medallistas olímpicos de bronce por Italia
- Medallistas olímpicos en fútbol
- Futbolistas gañadores da Eurocopa