Saltar ao contido

Gertrudis Gómez de Avellaneda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGertrudis Gómez de Avellaneda

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Gertrudis de los Dolores Gómez de Avellaneda y Arteaga Editar o valor en Wikidata
23 de marzo de 1814 Editar o valor en Wikidata
Camagüey, Cuba Editar o valor en Wikidata
Morte1 de febreiro de 1873 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de San Fernando en Sevilla Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoetisa, dramaturga, escritora, novelista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía e obra de teatro Editar o valor en Wikidata
MovementoRomanticismo Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioLa Peregrina
Tula
Amadora de Almonte Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
  • (1841) Sab (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeDomingo Verdugo y Massieu Editar o valor en Wikidata
ParellaIgnacio de Cepeda y Alcalde
Gabriel García Tassara Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гомес де Авельянеда Хертрудис)
Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Gómez de Avellaneda (Gertrudis), p.174)
Literatas españolas del siglo XIX. Apuntes bibliográficos (1889) (pt) Traducir, (sec:Gómez de Avellana (Excma. Sra. Doña Gertrudis), p.106–110) Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 52157 BNE: XX994140 Bitraga: 3455 Musicbrainz: 4200637f-fcc9-4762-9f01-60702e9c03f0 Find a Grave: 184677908 Editar o valor en Wikidata
Gertrudis Gómez de Avellaneda.

Gertrudis Gómez de Avellaneda, nada en Santa María de Puerto del Príncipe (Cuba) o 23 de marzo de 1814 e finada en Madrid o 1 de febreiro de 1873, chamada agarimosamente «Tula», foi unha escritora e poetisa española do Romanticismo. Instalouse en España con 22 anos, onde comezou a publicar baixo o alcume de La Peregrina e deuse a coñecer coa novela Sab, considerada a primeira novela antiescravista (anterior incluso a Uncle Tom's Cabin, da escritora norteamericana Harriet Beecher Stowe).

Esá considerada como unha das precursoras da novela hispanoamericana, a carón de Juana Manso, Mercedes Marín, Rosario Orrego, Julia López de Almeida, Clorinda Matto de Turner, Manuela Gorriti e Mercedes Cabello de Carboneda, entre outras.[1] De formación neoclásica, foi valorada na súa época como unha das figuras máis salientables do romanticismo hispanoamericano, e o tratamento que deu ás súas personaxes femininos convertérona nunha das precursoras do feminismo moderno. Entre a súa ampla obra salienta a súa novela indianista Guatimocín (1847) e as súas pezas teatrais Saúl (1849) e Baltasar (1858), considerada esta última unha das obras mestras do teatro romántico.[2][3]

Referentes como Margarita Nelken[4] fixeron recensións das súas obras e entre os seus coetáneos contou coa admiración do seu amigo Lista e da escritora Fernán Caballero e, aínda que tamén a considerara unha das meirandes poetas de lingua castelá, co rexeitamento de Marcelino Menéndez y Pelayo, quen impediu a súa incorporación á Academia.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla dun capitán de navío, Manuel Gómez de Avellaneda e de Felisa de Arteaga, criouse na súa cidade natal, e na súa xuventude, por motivos de saúde, mudouse a Santiago de Cuba despois de opoñerse a contraer matrimonio. En abril de 1836, partiu coa súa familia a España, aínda que estiveron vivindo durante unha tempada en Bordeos, despois pasaron á península, primeiro á Coruña, e máis tarde Sevilla, onde publicou versos en varios xornais baixo o alcume de "La Peregrina". É nesta cidade onde coñeceu en 1839 a Ignacio de Cepeda, un estudante de Leis co que tivo unha inestable relación amorosa, e ó que lle adicaba epístolas.

En 1840 fíxose amiga de literatos e escritores da época na súa estancia en Madrid. En 1841 leu os seus poemas no Liceo, e en 1841 publicou o seu primeiro libro. Comezou a triunfar teatralmente coa estrea de Munio Alfonso (1844).

A súa novela Sab, supuxo unha ruptura xa que era a primeira novela abolicionista. En 1844 coñece ó poeta Gabriel García Tassara. Avellaneda namórase deste home, o cal a abandonaría estando embarazada e solteira, o que a mediados do século XIX en Madrid era unha desgraza. No ano 1845 tivo a súa filla María que faleceu ós sete meses. Aínda que a escritora intentou que o pai a coñecese, el negouse. No 1846 casou con Pedro Sabater, pero este enfermou e apenas un ano despois de casar quedou viúva.

Realizou unha segunda edición de poesías no ano 1850. Tiña o apoio do público, e da crítica tivo o apoio de José Zorrilla, Fernán Caballero, José de Espronceda, ou Alberto Lista, agás de Marcelino Menéndez Pelayo, quen impediu que entrara na Real Academia Española.

No 1858 estreouse o seu drama Baltasar, que superou todos os éxitos anteriores. Casou con Diego Verdugo, político co que marcha a Cuba no 1859, onde viviu cinco anos. Nunha festa no Liceo da Habana foi proclamada poetisa nacional. Dirixiu a revista Álbum cubano de lo bueno y de lo bello, pero no ano 1863 falece o seu marido. A morte de dous maridos e o abandono do seu amante, impulsárona cara ó espiritismo e períodos de retiro relixioso.

Escribiu poesía, novela e teatro, e destacou nos tres xéneros ó incorporar as letras españolas de ambiente caribeño, visto en Europa como exótico, en ton melancólico e nostálxico. A crítica actual considéraa unha precursora do feminismo moderno, pola súa actitude vital como pola súa forza que imprimiu ás súas personaxes literarias femininas.

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Gertrudis Gómez de Avellaneda.
  • Poesías de la señorita Da. Gertrudis Gómez de Avellaneda, Madrid, 1841.
  • Sab, Madrid, 1841.
  • Dos mujeres (sic), Madrid, 1842-43.
  • La baronesa de Joux, A Habana, 1844.
  • Espatolino, A Habana, 1844.
  • El príncipe de Viana, Madrid, 1844.
  • Egilona, Madrid, 1845.
  • Guatimozin, último emperador de México, Madrid, 1846.
  • Saúl, Madrid, 1849.
  • Dolores, Madrid, 1851.
  • Flavio Recaredo, Madrid, 1851.
  • El donativo del Diablo o La velada del Helecho, Madrid, 1852.
  • Errores del corazón, Madrid, 1852.
  • La hija de las flores; o, Todos están locos, Madrid, 1852.
  • La verdad vence apariencias, Madrid, 1852.
  • Errores del corazón.
  • La aventurera, Madrid, 1853.
  • La mano de Dios, Matanzas, 1853.
  • La hija del rey René, Madrid, 1855.
  • Oráculos de Talía; o, Los duendes en palacio, Madrid, 1855.
  • Simpatía y antipatía, Madrid, 1855.
  • La flor del ángel, A Habana, 1857.
  • Baltasar, Madrid, 1858.
  • Los tres amores, Madrid, 1858.
  • El artista barquero; o, Los cuatro cinco de junio, A Habana, 1861.
  • Catilina, Sevilla, 1867.
  • Devocionario nuevo y completísimo en prosa y en verso, Sevilla, 1867.
  • Obras literarias, Madrid, 1869-1871, 5t.
  • Leyendas, novelas y artículos literarios., Madrid, 1877.
  • Obras dramáticas, Madrid, 1877.
  • Poesías líricas, Madrid, 1877.
  • La Avellaneda. Huelva, 1907.
  • Cartas inéditas y documentos relativos a su vida en Cuba de 1839 a 1864, Matanzas, 1911.
  • Obras de la Avellaneda. (Edición do centenario).
  • Memorias inéditas de la Avellaneda, A Habana, 1914.
  • Obras de la Avellaneda. A Habana, 1914.
  • Leoncia, Madrid, 1917.
  • El aura blanca, Matanzas, 1959.
  • Teatro, A Habana, 1965.
  1. Pinto Villarroel, Patricia (1999). Escritoras Chilenas: Novela y cuento. Editorial Cuarto Propio. ISBN 978-95-6260-162-7. 
  2. 2,0 2,1 Segura Graíño, Cristina (1998). Celia Villar Rodríguez, ed. Diccionario de Mujeres Célebres (en castelán). Madrid: ESPASA. ISBN 84-239-8670-5. 
  3. Nelken, Margarita (1930). Las escritoras españolas. Barcelona: Labor. 
  4. Nelken, Margarita (1930). Las escritoras españolas. Barcelona: Labor. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]